Actualidade
Buscador de novas
A Xunta leva investidos preto de 4,2 millóns de euros en axudas para incrementar a seguridade no sector da pizarra
O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado do delegado territorial, Manuel Pardo, asistiu á Xornada sobre seguridade e saúde no sector da lousa celebrada en Carballeda de Valdeorras, onde destacou os avances alcanzados para garantir contornos máis seguros nesta industria
Lorenzana anuncia que a comezos de 2026 estarán dispoñibles as primeiras axudas para as empresas que participen na Estratexia de Seguridade, Defensa e Aerospazo
Apunta que a Xunta ten previsto aprobar por anticipado de gasto, para que estea aplicable a comezos de ano, a convocatoria para a obtención de certificacións
A Xunta aposta pola cooperación atlántica como motor dunha industria máis limpa, competitiva e sostible
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración do encontro Atlantic Green Hub, impulsado por Viratec e Aclima, que converte Galicia en punto de referencia da sustentabilidade e da innovación ambiental no Atlántico
Meaño mellora o firme do Polígono Industria A Pedreira grazas a unha axuda da Xunta de 90.000 euros
Esta liña de axudas beneficiou a un total de 9 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 660.000 euros
A Xunta salienta o papel crucial da industria dos áridos na descarbonización da economía
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe en Córdoba no VII Congreso Nacional de Áridos
Galicia únese a outras rexións europeas para salvagardar a competitividade do sector siderúrxico europeo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nun seminario do Comité Europeo das Rexións, celebrado en Avilés
A Xunta reivindica a moda galega como exemplo de creatividade, sustentabilidade e identidade territorial
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Allariz na xornada Moda con propósito: sustentabilidade, deseño e territorio, onde puxo en valor o modelo galego de desenvolvemento baseado na innovación, o talento e o compromiso co entorno
A Xunta anuncia a convocatoria dun novo concurso de dereitos mineiros para materias primas críticas
Apunta que a resolución do anterior concurso sairá publicada no DOG e no BOE os vindeiros días, con 20 solicitudes rexistradas: 18 para a provincia da Coruña e dúas para a de Ourense
Lorenzana avanza que a innovación será clave nos orzamentos do vindeiro ano, cunha nova edición da liña de axudas para intelixencia artificial nas empresas
Apunta que a principal liña deste programa de apoios -para a creación de novos produtos ou servizos a través de IA- pechou o pasado mes de abril con récord de solicitudes, un total de 117, o que obrigou a duplicar o seu orzamento inicial de 5,5 a 10,8 M€