Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana pon en valor o papel da cadea monte-industria na economía galega na sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asinou o acordo co presidente do padroado Xosé Manuel Mera Iglesias para desenvolver actividades de dinamización e promoción desta industria
A Xunta avoga polo fortalecemento das relacións comerciais con China como mercado estratéxico para impulsar a internacionalización das empresas galegas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración subliñou a relevancia do encontro como espazo de colaboración público-privada para fomentar novas oportunidades de internacionalización e cooperación en mercados estratéxicos
A Xunta celebrará a Semana Mundial do Espazo cun maratón de actividades para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado da ESO
Enmarcado na Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo terá lugar en Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Nigrán do 7 ao 10 de outubro
Rueda reivindica Galicia como comunidade líder en produción nacional de proteínas coa nova planta de Curtis
Destaca que o investimento permitirá a creación de 55 empregos directos, a maioría indefinidos
Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral
Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética
A Xunta destaca na localidade italiana de Verona as capacidades de Galicia na produción de pedra natural
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou os stands dos graniteiros galegos presentes na Feira Marmomac, un dos maiores escaparates do sector a nivel internacional e onde se dan cita os principais produtores de pedra natural do mundo
O nodo Conectivi.gal define tres grandes áreas de actuación para adaptar as tecnoloxías de telecomunicacións sen fíos ás necesidades específicas de Galicia
Os grupos de traballo centraranse na capacitación e retención de talento, na dinamización do sector privado e na mellora da conectividade nas administracións públicas
A Xunta reclama maior coordinación nos procesos de transición enerxética para avanzar na descarbonización da economía
Subliña que estamos nun momento clave no que cómpre abordar a necesidade de conxugar as diferentes fontes de xeración de enerxía renovable e a súa xestión, coa incorporación de novas tecnoloxías como a intelixencia artificial ou os sistemas de almacenamento
Lorenzana avanza que a Xunta comeza a traballar xa con todos os interesados en instalarse no polígono de Bértoa (Carballo) para coñecer as súas necesidades
Sinala que a recente aprobación no Consello da Xunta do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) deste parque vai permitir incrementar a súa superficie en máis dun 50 por cento, cun investimento que ascende aos 28 millóns de euros e coa previsión de comezar as obras a principios do ano 2027