Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

05/07/2025 | 13:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a aposta da chinesa Sungrow por Galicia converte a comunidade en pioneira en sistemas de almacenamento enerxético

Subliña que Galicia vai ser a primeira en poñer en funcionamento un sistema de almacenamento enerxético con baterías que opera de forma independente, sen estar integrado directamente a unha planta de xeración de enerxía renovable

04/07/2025 | 15:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que nas vindeiras semanas a Xunta presentará o borrador do plan director do sector forestal-madeira

Avoga por “non desistir” no obxectivo de pechar toda a cadea de valor do sector en Galicia

03/07/2025 | 15:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta na Toxa o papel clave da diáspora galega como aliada estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia

Destaca que Galicia vive un momento especialmente atractivo, bo para o emprendemento e cunhas cifras de paro que seguen mellorando

03/07/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a falta de infraestrutura eléctrica está a ser un freo para a descarbonización da industria

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu hoxe na inauguración da xornada Descarbonización e economía circular na industria, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

03/07/2025 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova convocatoria do Moves III dotada con preto de 20 M€ para incentivar a compra de vehículos eléctricos

Particulares, comunidades de propietarios, autónomos, empresas e entidades locais poderán solicitar estas axudas ata o 31 de decembro deste ano, tanto para a adquisición dun automóbil, como para a instalación de puntos de recarga

02/07/2025 | 15:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia do proxecto ‘Twin NavAux’ para o impulso de sectores como o naval, a automoción ou a aeronáutica

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na apertura institucional da xornada Tecnoloxías avanzadas nun xemelgo dixital intelixente, que contou coa presenza do experto en ciberseguridade, Chema Alonso

02/07/2025 | 14:38 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende reforzar unha visión territorial da Unión Europea con motivo dos 40 anos da adhesión de España

Demanda maior peso das rexións á hora de xestionar os fondos europeos e salienta a gobernanza descentralizada como unha das grandes fortalezas da Unión Europea

01/07/2025 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel estratéxico da empresa familiar no desenvolvemento económico e social de Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe nunha xornada sobre gobernanza e retos do sector organizada pola Cámara de Comercio de Santiago, Abanca e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE)