Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti

12/05/2025 | 16:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a primeira estratexia galega de Aeroespazo, Seguridade e Defensa mobilizará 900 M€ e permitirá o impulso e a creación de máis dun cento de novas empresas do sector

O Consello da Xunta deu visto e prace á nova folla de ruta do Goberno galego para o sector aeroespacial, que segundo o presidente supón unha oportunidade “para que industrias xa consolidadas en Galicia poidan diversificar a súa actividade e intensificala”

12/05/2025 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía as medidas precisas para garantir o mantemento dos servizos básicos galegos no caso dun novo apagamento

O Consello do Goberno galego analizou propostas nas diferentes áreas co obxectivo de asegurar a atención á cidadanía

12/05/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do edificio anexo ao Ceip A Castellana en Aranga cunha axuda de máis de 36.000€

Na comarca do Betanzos recibiron estas axudas cinco concellos (Aranga, Curtis, Irixoa, Sobrado e Vilansantar) por un importe total de máis 125.000 euros

10/05/2025 | 16:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que este ano a Xunta incrementa ata os 19 M€ a liña de acceso ao crédito para pemes e autónomos

Este programa ofrece préstamos avalados de entre 3.000 e 1 M€ para investimentos produtivos, circulante e, tamén, para pagamento ou reestruturación de débedas

09/05/2025 | 21:34 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta cun modelo industrial sustentable apoiado nas enerxías renovables

Subliña que, o ano pasado, o 84,6% da electricidade en Galicia procedeu de fontes renovables, cunha baixada da dependencia enerxética externa ata o 59,8%

09/05/2025 | 15:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reitera que o reforzo da rede de transporte eléctrico é vital para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan enerxía máis barata

Defende que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural

08/05/2025 | 18:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia

Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando

07/05/2025 | 14:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca no Porriño o liderado industrial do concello e enxalza o seu papel no fomento da cultura empresarial galega

Pon en valor os bos datos económicos de Galicia, incluíndo o crecemento do PIB un 2,8 % en 2024 e a previsión de descenso da taxa do paro ao 9,1 % en 2025