Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

31/01/2025 | 18:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o peso do sector téxtil e o metalmecánico nas exportacións de Galicia a Paraguai

Subliña que a industria metalmecánica aumentou máis de catro veces o seu volume de exportacións nos dous últimos anos

31/01/2025 | 15:10 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o gran potencial de Galicia en enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable

Resalta que a nosa comunidade é un referente na produción de enerxía hidráulica e eólica

30/01/2025 | 16:02 | C. de Economía e Industria

Xunta e Clúster TIC avanzan na elaboración do Plan director da industria das TIC

Este plan súmase ao da automoción, o naval, o da industria metalmecánica, o sector forestal-madeira e o da loxística industrial

29/01/2025 | 20:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria C. de Economía e Industria

Rueda destaca o papel dos empresarios e autónomos galegos á hora de consolidar Galicia coma unha terra competitiva e innovadora

Agradécelles a súa contribución para que a comunidade pechase 2024 con bos datos de exportacións, o paro en mínimos históricos e a cifra de ocupados máis alta dos últimos 15 anos

29/01/2025 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a solicitar as axudas do novo Bono Enerxía Peme que o pasado ano mobilizou en Ferrolterra un investimento próximo aos 76.000 euros

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitaron esta mañá a oficina de farmacia de María Luisa Hidalgo, beneficiaria do programa

28/01/2025 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o impacto positivo que vai ter na industria a nova planificación eólica e as medidas da Xunta para o abaratamento da enerxía

“Para que a industria se siga desenvolvendo na Comunidade e para que sexamos quen de seguir atraendo novos investimentos, temos que ser capaces de ofrecer uns custos enerxéticos competitivos e ter unha rede de transporte eficaz que satisfaga as necesidades tanto de consumo como de evacuación que teñen os distintos proxectos”, subliña

28/01/2025 | 13:25 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reúnese co embaixador do Xapón para seguir impulsando o intercambio empresarial entre os dous territorios

Trátase do segundo encontro que manteñen o presidente da Xunta e o embaixador xaponés. O primeiro foi en xuño de 2023.