Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.065 novas da C. de Economía e Industria:

18/03/2023 | 11:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Federación de Perruquerías novas vías de colaboración para seguir reforzando o sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantiveron unha reunión con representantes da Federación de Empresarios de Asociacións de Perruquería e Estética de Galicia (Fepega)
 

17/03/2023 | 19:20 | C. de Economía e Industria

O programa Conecta Lugo está favorecendo que sexan máis as empresas da provincia que solicitan as axudas da Xunta

Esta iniciativa ten como obxectivo achegar ás empresas luguesas información e asesoramento sobre o mapa de axudas da Xunta de Galicia, así como a organización de xornadas de divulgación e foros sectoriais

17/03/2023 | 15:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola innovación e a internacionalización do tecido produtivo para seguir construíndo unha Galicia chea de certezas

O director do Igape, Fernando Guldrís, clausura o IV Congreso Nacional Interim Management onde pon en valor a raíz innovadora e sustentable que está a potenciar o Goberno galego para mellorar a competitividade do tecido empresarial, con liñas como a de economía circular que promove novos modelos de negocio mediante a optimización de recursos

17/03/2023 | 15:40 | C. de Economía e Industria

Galicia traballa desde a estabilidade económica para ofrecer ás empresas galegas o acompañamento necesario para o desenvolvemento da súa actividade

Conde destaca que o obxectivo da Xunta de Galicia é trasladar a estabilidade institucional ao plano económico en forma de seguridade xurídica

16/03/2023 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes de Pontevedra das novas axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na sede de APE Galicia nun encontro sobre este programa, ao que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 3 M€
 

16/03/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de Metalúrgica BB pola diversificación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Carballo as instalacións desta empresa familiar que está sabendo interpretar as necesidades que existen no mercado para darlle resposta

16/03/2023 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende nas Pontes unha transición enerxética ordenada que non deixe atrás o tecido industrial

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha xornada informativa, onde puxo de relevo o papel exemplarizante e incentivador que as administracións teñen que adoptar neste contexto

16/03/2023 | 12:58 | C. de Economía e Industria

O mapa de axudas á innovación da Xunta suma 38 instrumentos de apoio cos que se prevén mobilizar 400 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Santiago nun encontro sobre o valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

16/03/2023 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsará a constitución de comunidades enerxéticas e axudará aos concellos galegos a reducir a súa factura

Dotada con 600.000 euros, esta nova liña de axudas pretende ser un apoio no contexto actual de volatilidade do custo enerxético