Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

16/10/2024 | 14:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia unha nova convocatoria do ‘Plan renova o teu vehículo’ da Xunta para incentivar a compra de vehículos eficientes

A conselleira destaca a boa acollida da última edición deste plan á que se acolleron preto de 1.400 particulares e empresas

16/10/2024 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na II edición do Premio Galicia Renovable que recoñece o talento universitario e pon en valor proxectos relacionados coa eficiencia e a transición enerxética

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, apostou por unha descarbonización gradual e destacou o modelo que está a desenvolver a Xunta baseado no binomio industria-enerxía para vincular o desenvolvemento industrial de Galicia ás enerxías renovables

15/10/2024 | 17:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta dotará ao concello de Mos con máis solo empresarial para facilitar a competitividade industrial

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantiveron un encontro coa veciñanza do concello para abordar a creación do parque empresarial de Louredo

11/10/2024 | 19:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que desde este ano as startups contan en Galicia cunha liña de axudas específica para apoiar o seu lanzamento e consolidación

Apunta que, por primeira vez, poden acceder a apoios que oscilan entre os 10.000 e os 20.000 euros para gastos e investimentos

11/10/2024 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ser líder no sector TIC coa futura posta en marcha dun gran centro de datos en Curtis

Salienta que este tipo de centros “son a industria do futuro” e o que “van demandar cada vez máis as empresas”

10/10/2024 | 15:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a competitividade e a xeración de emprego como fortalezas da industria da seguridade e a defensa en Galicia

Subliña que Galicia aspira a liderar en España o despregamento da nova política industrial vinculada a este sector

09/10/2024 | 19:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta vixiará o cumprimento da actividade industrial en XEAL

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa da factoría

08/10/2024 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta confirma a súa aposta polas renovables para reducir a dependencia enerxética do exterior

Subliña que a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia permitirá avanzar neste camiño cara á descarbonización e o autoabastecemento

07/10/2024 | 20:31 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

O observatorio da eólica mariña manifesta a importancia de aplicar o coñecemento científico para o desenvolvemento do sector en Galicia

Convocará a expertos do Instituto Español de Oceanografía para coñecer os avances  dos estudos que están a realizar sobre o desenvolvemento das enerxías renovables no mar nas zonas afectadas polos Planes de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) e os seus efectos sobre os ecosistemas mariños

07/10/2024 | 14:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova liña de axudas de 10 M€ para apoiar o crecemento das empresas que manteñan e creen novos postos de traballo

Rueda salienta que se trata de achegas que se enmarcan “no Fondo de Transición Xusta” polo que a Xunta vai destinar 100 M€ a modernizar a industria galega