Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que Galicia pechou 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución e reducindo a débeda
O esforzo investidor acadou o 16,5% dos gastos non financeiros e a débeda reduciuse en 223 M€, incrementándose o investimento real en máis de 200 M€ con respecto ao ano anterior
O Centro GaiásTech publica unha aplicación móbil que facilita o acceso aos seus servizos e abre foros de debate sobre tecnoloxías intelixentes
A app permite inscribirse nas actividades, realizar reservas de espazos e participar en debates enfocados nas tecnoloxías innovadoras
A Xunta reivindica a estabilidade financeira e fiscal de Galicia para dar seguridade a empresas e cidadáns
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou as XIII Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade organizadas polo Colexio de Economistas da Coruña
Galicia, Castilla y León, Andalucía, Valencia, Navarra, Extremadura e Murcia comparten recursos para facilitar o acceso da cidadanía á capacitación dixital
Os sete gobernos autonómicos veñen de renovar un acordo para aglutinar esforzos e desenvolver contidos para a acreditación de coñecementos dixitais
Lorenzana anuncia que a Xunta convocará este ano tres novas liñas de axuda para proxectos de descarbonización industrial e enerxías renovables
En total suman 16,2 M€ e financiarán a implantación de plantas de fabricación de compoñentes e almacenamento enerxético, o uso do hidróxeno renovable, a produción de biogás ou biometano e o desenvolvemento de tecnoloxías renovables mariñas
A Xunta destaca que a condonación da débeda das CC.AA. incrementaría en 470€ a débeda por habitante en Galicia
O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se reparte entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas
A Xunta valará o recinto da antiga estación de autobuses de Vigo para previr accidentes e evitar entradas non autorizadas
O Goberno galego está analizando as posibilidades de uso do edificio
Rueda reivindica a unión de forzas en torno á Declaración de Santiago para garantir que todos os españois accedan aos servizos públicos coa mesma calidade
Espera que a renovación da adhesión a este acordo promovida xunto co presidente de Aragón “teña éxito e apoio” xa que é “máis necesaria que nunca”
A Xunta pon en valor o papel das organizacións sindicais para consolidar unha función pública profesional, motivada, eficiente e orientada ao servizo público
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Nuria Aguilar, participou na VII Conferencia do Sector da Administración Autonómica de Galicia, dentro do marco do XIII Congreso Confederal de CC.OO