Actualidade
Buscador de novas
Entra en vigor a nova Lei de Estatística de Galicia que reforzará a capacidade do IGE para responder de xeito máis eficaz ás demandas de información
A nova normativa permitirá xerar información de maior calidade e fiabilidade, pegada ao territorio e próxima ao cidadán, aumentando as sinerxías e racionalizando custos
Corgos destaca que Galicia é a comunidade que rexistra un maior crecemento do PIB per cápita nos últimos 15 anos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública precisa que o PIB per cápita medrou un 41% desde o ano 2009, mentres que en España fíxoo un 33,8%
Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2025 con novas rebaixas fiscais para as familias e as empresas
As contas para os vindeiros doce meses son os máis altos da historia, con preto de 14.000 millóns de euros
Crece máis dun 8% o uso da sede electrónica, que rexistrou 1,4 millóns de trámites en 2023
Preto de medio millón de galegos e galegas empregaron esta canle para as súas xestións coa Administración autonómica o pasado ano
A EGAP reforza o plan de formación para 2025 coa incorporación de 123 novidades respecto ao ano anterior
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu esta mañá o Consello Reitor do organismo no que se presentou o Plan de formación dirixido ao persoal empregado público galego para o ano 2025
A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares
A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa
Miguel Corgos pon en valor o traballo dos empregados públicos para lograr unha administración máis eficiente, moderna e innovadora
O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto de entrega da sexta edición dos Premios ao Empregado Público Innovador