Actualidade
Buscador de novas
Aberto o prazo de inscrición para o IV Encontro CIBER.gal, que se celebrará os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura
O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento que ofrece paneis, conferencias e talleres con contidos para as administracións públicas, a cidadanía e o tecido empresarial
A Xunta reforza nos Orzamentos de 2025 o Fondo de Cooperación Local ata os 168 M€, 10 millóns máis que neste exercicio
O conselleiro de Facenda e Administración Pública e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participaron, xunto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, na sesión da Subcomisión Permanente do Réxime Económico e Financeiro
Os concellos galegos con sede electrónica creceron un 25% nos últimos seis anos, ata acadar practicamente a totalidade
Un 97% das entidades municipais contan cun portal de transparencia, o que implica un crecemento do 2,4% con respecto a 2021
Miguel Corgos pon en valor o crecemento sostido da economía galega como garante duns orzamentos que trasladan certezas ás familias e ás empresas
O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse hoxe co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e coas organizacións sindicais para dar a coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do vindeiro ano
A enquisa do IGE pon de manifesto que 7 de cada 10 persoas se comunican en galego
Os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística revelan que a lingua cooficial maioritaria no territorio segue a ser a galega
Rueda defende unha reforma do financiamento autonómico nun marco multilateral
Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”
Miguel Corgos advirte dos prexuízos para Galicia da xeneralización do sistema de concerto, tal e como alertan os expertos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública salienta as conclusións dun informe técnico presentado polo Foro Económico de Galicia que incide nas perdas económicas para a Comunidade galega da extensión das cotas por territorio
A Xunta pon en valor os proxectos cofinanciados con fondos da UE pola súa contribución ao desenvolvemento de Galicia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou o I Concurso anual de proxectos cofinanciados #EuropaXunta
A Xunta destaca que a posta en marcha do Centro de Excelencia Ciberseguridade en Ourense permitirá a Galicia manterse á vangarda no desenvolvemento desta tecnoloxía
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou hoxe a xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade
A Xunta aposta pola formación dos empregados públicos en materia de protección de datos para garantir unha administración máis segura
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, inauguraron a terceira edición do Curso superior en protección de datos