Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 992 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

03/08/2026 | 10:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 390 millóns de euros en 2025 e consolidou novos avances na transformación dixital de Galicia

A Xunta reforzou os seus servizos dixitais coa renovación integral da sede electrónica, que tramitou máis de 1,6 millóns de xestións online e enviou 1,9 millóns de notificacións electrónicas o pasado ano

30/07/2026 | 14:10 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia, primeira comunidade en aprobar o teito de gasto non financeiro para 2027, con máis de 15.000 M€ para dar resposta ás prioridades dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o límite de gasto para o vindeiro ano

27/07/2026 | 13:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que a Xunta garante un ano máis de estabilidade coa aprobación dun teito de gasto non financeiro para 2027 que supera os 15.000 M€

“Galicia vai seguir a súa propia senda de estabilidade e confianza e, para iso, é fundamental ter orzamentos cada ano”, salientou

26/07/2026 | 10:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia forma a 139 profesionais en ciberseguridade a través de oito cursos de alta especialización do programa RETECH

Impulsados pola Amtega e a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego sumaron preto de 190 horas lectivas entre abril e xuño

24/07/2026 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece a Vigo a cesión gratuíta do inmoble da antiga estación de autobuses

O Goberno galego ábrese a tramitar o expediente de cesión nas condicións actuais, incluíndo a parcela e os seus accesos

24/07/2026 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa un concurso de ideas para aplicar solucións innovadoras baseadas en xemelgos dixitais ao medio rural e ao turismo

As propostas, que se poden presentar ata o 7 de setembro, teñen que estar orientadas á xestión intelixente e sostible do territorio e dos fluxos turísticos

23/07/2026 | 10:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta solicita ao Parlamento un pleno extraordinario para presentar o teito de gasto 2027

O Goberno galego pide que se tramite polo procedemento de urxencia para comezar a elaboración dos Orzamentos unha vez que se aprobe en Consello o gasto non financeiro para o vindeiro ano

19/07/2026 | 11:03 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar
15/07/2026 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa unha iniciativa que conecta á xuventude e as persoas maiores para compartir experiencias en tecnoloxía, cultura e tradicións

O programa Argallando entre xeracións promoverá a experimentación con tecnoloxías maker entre persoas de 12 a 18 anos, para a creación de obxectos que combinan robótica, impresión 3D, programación e intelixencia artificial

10/07/2026 | 13:29 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia aposta polas redes intelixentes, a IA e a Ciberseguridade como piares clave para consolidar un territorio máis accesible, conectado e competitivo

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou o foro Conectar Galicia para competir, organizado por Prensa Ibérica-Vodafone