Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 945 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

24/10/2024 | 12:10 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos salienta que o orzamento da Xunta medra un 37% nos últimos cinco anos e senta as bases do futuro de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

23/10/2024 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Martina Aneiros avalía na Comisión Territorial de Coordinación os principais investimentos da Xunta en Ferrolterra nos Orzamentos de 2025

A delegada territorial de Ferrol destacou importantes proxectos en materia de saneamento, instalacións deportivas, vivenda ou infraestruturas sanitarias que contan con compromiso do Goberno galego nas contas do próximo ano

23/10/2024 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inxectará máis de 16M€ ás tres universidades públicas galegas para a contratación de 166 profesores axudantes doutores

O Goberno galego ten que asumir o 40% das prazas dun convenio imposto polo Ministerio de Ciencia sen negociación coas comunidades autónomas

21/10/2024 | 17:27 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta forma aos empregados públicos en materia de responsabilidade patrimonial sanitaria

A Escola Galega de Administración Pública inaugura a primeira edición do Curso monográfico sobre responsabilidade patrimonial sanitaria dirixido a 25 empregados públicos 

21/10/2024 | 16:23 | C. de Facenda e Administración Pública

Unha de cada tres empresas galegas de máis de 10 persoas empregadas permite o teletraballo

No último ano, aumentou un 2,5% a porcentaxe de empresas de 10 ou máis persoas empregadas con conexión a internet de máis de 100 Mbps, ata acadar o 83,3%

21/10/2024 | 14:39 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo avalía cos xefes territoriais os principais investimentos da Xunta comprometidos coa cidade da Coruña e reclama a Concello e Goberno central a mesma implicación

A delegada da Xunta destacou que o investimento comprometido polo Goberno galego na provincia da Coruña ascende a case 5.000M€ e coa cidade a máis de 660 M€

19/10/2024 | 18:25 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina 48 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Salnés e Ullán nuns orzamentos centrados na educación, a sanidade e o medio ambiente

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para o novo hospital de Vilagarcía, ademais de accións de saneamento e centros escolares.

19/10/2024 | 18:20 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 37 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Deza-Tabeirós cunha aposta histórica polo desenvolvemento das infraestruturas

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a ampliación do Polígono Industrial de Lalín ou a construción dun albergue de peregrinos en Dozón

19/10/2024 | 18:16 | C. de Facenda e Administración Pública

Manuel Pardo destaca que os Orzamentos 2025 atenden as necesidades da veciñanza de Ourense e impulsan o crecemento da provincia

O Goberno galego destina 1.749M€ á provincia de Ourense nos orzamentos 2025. No que respecta ao gasto por habitante na provincia incrementase un 3,6%, o que supón pasar de 5.540€ a 5.742€, dos que mais de 238M€ corresponden á capital

19/10/2024 | 18:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina 263,2 M€ para o Concello de Pontevedra, dos cales preto de 97 M€ corresponden a uns investimentos históricos

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a cidade, que inclúen unha importante partida para construción de vivenda pública, ademais da obra do novo Hospital Montecelo,a aposta pola vivenda pública, as obras na residencia de Campolongo, ou a dragaxe de Lérez