Actualidade
Buscador de novas
Miguel Corgos destaca a aposta da Xunta polas novas tecnoloxías e por situar a Galicia na vangarda europea neste ámbito
O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou esta mañá o II Congreso Internacional de Blockchain de Galicia
A Xunta pon en marcha a IX Edición do Programa Scratch Day para achegar a linguaxe de programación aos máis novos dun xeito lúdico
As xornadas, dirixidas á rapazada de entre 7 e 15 anos, comezarán o 21 de setembro e desenvolveranse ata outubro en 4 aulas da Rede CeMIT e na Cidade da Cultura
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors achegan a banca dixital ás persoas maiores
Ambas entidades colaboran na posta en marcha dun ciclo formativo de 5 sesións que poden seguirse en liña ou de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT
Galicia é a comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 16 días antes que a media
O período medio de pago de Galicia no mes de xuño situouse en 11,6 días, máis de 18 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal
O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para empresas TIC
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visita hoxe as instalacións, que promoven a creación dun vínculo entre a tecnoloxía e as persoas
A Xunta salienta a boa xestión, a legalidade, a eficacia e a eficiencia como principios que rexen o servizo público á cidadanía
A interventora Xeral de Galicia, Almudena Chacón, puxo hoxe en valor en sede parlamentaria o interese do Goberno galego nos orzamentos da sanidade pública
A Xunta incentiva vocacións tecnolóxicas entre as nenas e impulsa a tecnoloxía no rural
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participa en Guitiriz nunha das xornadas da iniciativa Girl STEAM que teñen lugar nas aulas CeMIT de Galicia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca máis de 2.600 prazas para obter a nova certificación galega de competencias dixitais
Son as primeiras probas para a cidadanía do Marco galego de competencias Dixitais no nivel de Iniciación
A economía galega medrou un 2,5% no segundo trimestre de 2024 en relación ao mesmo período do ano anterior
O PIB galego creceu un 0,5% en relación ao primeiro trimestre do ano
A memoria dixital de Galicia pon a disposición da cidadanía máis de 600.000 documentos e máis de 9 millóns de fotografías
Máis de 700 centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia empregan a xestión dixital baseada nun sistema de código aberto