Actualidade
Buscador de novas
A Xunta crea un grupo de traballo coa Fegamp e o COAG para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas
Allegue avanza que se traballa para “simplificar e dar maior seguridade tanto aos concellos como a particulares e poder reducir os tempos de tramitación administrativa, sen perder garantías e seguridade xurídica”
Allegue anuncia que as 10 novas vivendas públicas de Vilagarcía serán para venda, cunha reserva do 25% para menores de 36 anos e do 30% para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos
O novo inmoble, que se situará nunha parcela cedida polo Concello, terá baixo e dúas alturas e contará con 8 vivendas de dous dormitorios e 2 de tres dormitorios
Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico
Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia
A Xunta recibe 6 ofertas para a redacción do proxecto e a construción de 264 vivendas públicas en Xuxán, licitadas cun investimento de 51,5 M€
Nos pregos da licitación desta nova promoción de 264 vivendas públicas establécese a obrigatoriedade do uso de técnicas industrializadas
A Xunta destina máis de 760.000 € ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo Concello de Viveiro
A Administración autonómica licita este contrato, cofinanciado con fondos europeos FEDER, para intervencións de calmado de tráfico, pavimentación do firme e creación dunha glorieta nesta estrada autonómica
As obras de prolongación da autovía AG-59 fan necesario o corte de tráfico no enlace da Ramallosa durante seis semanas
Con este corte están pechados ao tráfico tanto o ramal de entrada como o de saída á autovía AG-59 neste enlace da Ramallosa, e a circulación desvíase a través do enlace dos Verxeles
Rueda salienta que a Xunta recibiu ofertas para converter 26 locais en vivenda e transformalos en ata 32 vivendas públicas de alugueiro accesible na cidade de Ourense
Sinala que o Goberno galego mobiliza ata 2 M€ á compra de baixos e entreplantas de inmobles de uso residencial sen uso na cidade para destinala a vivenda pública con cualificación permanente
A montaxe de dúas novas pasarelas nas obras da senda Milladoiro–Intermodal fará necesario cortar o tráfico mañá martes no enlace da AG-56 coa SC-20 e a AP-9 en sentido Santiago
Trátase de levar a cabo a montaxe dos dous vanos no punto quilométrico 1+500 da nova senda, dando continuidade á instalación realizada en marzo da primeira pasarela no treito do itinerario situado no punto 1+390
Allegue sitúa Galicia como a comunidade que máis medidas ten en marcha no impulso da vivenda protexida
A xornada celebrada na Cidade da Cultura abordou as medidas de axilización e flexibilización para o impulso da vivenda, o desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida, a colaboración e cooperación da Xunta co sector e os concellos e o plan de impulso da construción industrializada