Actualidade
Buscador de novas
Allegue visita en Lalín un dos 23 centros de operacións que traballan no Plan de Vialidade Invernal da Xunta
O plan, que establece un protocolo de actuación para anticiparse aos contratempos e medidas curativas para garantir a vialidade das estradas en condición desfavorables, está operativo xa desde principios deste mes de novembro e manterase ata o vindeiro 30 de abril
Manuel Pardo verifica o comezo das obras da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, nas que a Xunta inviste máis de 435.000€
O delegado territorial explicou que as actuacións estanse a executar na contorna do punto quilométrico 1+000 da estrada OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos no que existe un estreitamento de calzada, co fin de mellorar a seguridade peonil nese ámbito
Rueda anuncia o comezo das obras da nova residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega nos terreos da ETEA en Vigo
O presidente da Xunta sinala que “é un auténtico orgullo que Galicia poida contar con centros coma este” e resalta o compromiso do Goberno galego por seguir mellorando a atención ás persoas maiores
Belén do Campo destaca que o Plan Camiña Rural e o plan marco supuxeron un investimento de máis de 158.000 euros na mellora de infraestruturas rurais en Zas
A delegada da Xunta visitou o camiño que se está a executar cunha axuda da Xunta de máis de 80.000 euros da anualidade 25-26, e lembrou que tamén recibiron, na anualidade 24-25, máis de 78.000 euros, para arranxar outros 3 viais
A Xunta recoñece as traxectorias profesionais de Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Roberto Medín nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025
Allegue agradeceu aos arquitectos o seu “talento e excelencia que contribúe ao desenvolvemento da nosa terra e a reforzar a marca Galicia Calidade”
Rueda destaca a aposta da Xunta por poñer máis vivendas no mercado e reclama o mesmo compromiso ao Goberno central para facilitar o acceso a un fogar
Lembra que a Administración autonómica ten o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda, de 4.000 a 8.000, das cales 3.000 vivendas xa están en marcha
O Concello de Ordes incorpórase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida no barrio do Piñeiro
O convenio co Concello coruñés é o sexto que se sela en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia, Friol, Valdoviño e O Valadouro
A Xunta inviste máis de 900.000€ na conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas autonómicas PO-531 e PO-301 no concello de Vilanova de Arousa
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 14 de xaneiro
A Xunta inviste preto de 50.000 euros na construción dunha senda peonil na estrada OU-404, en Castrelo de Miño
O delegado territorial explicou que as actuacións consisten no acondicionamento como senda cuneta do espazo dispoñible na marxe da estrada, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, co fin de mellorar a mobilidade peonil entre do núcleo de Barral e a intersección coa estrada OU-402
O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas
O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga