Actualidade
Buscador de novas
A Xunta somete a información pública o proxecto de nova senda peonil e ciclista na PO-313, entre Cadro e Cadrelo en Marín, cun investimento de 712.000€
Trátase de executar un novo itinerario, que se desenvolverá pola marxe esquerda da vía autonómica nunha lonxitude de algo máis de 900 metros, nos que se prevé os elementos de drenaxe e estruturas de contención e sostemento de noiros
A Xunta adxudica por preto de 146.000 euros a execución da mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda
As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes
A Xunta pon en valor o ‘Proxecto Terra’, que cumpre 25 anos educando e xerando espírito crítico nos cativos a partir do ensino da paisaxe e da arquitectura
Allegue agradeceu aos docentes o traballo para “transmitir os valores de respeto polo vello e polo belo, reivindicando a beleza de Galicia e a relación dos ancestros coa terra”
A Xunta avanza no II Pacto de vivenda de Galicia 2026-2030 para reforzar e renovar o compromiso coas políticas reais e efectivas, tras executar o 98% das medidas e preto de 365 M€ do plan anterior
Allegue destaca o obxectivo da Xunta de impulsar un novo instrumento de planificación integral, que reforzará as actuacións máis efectivas do período anterior e incorpora novas medidas adaptadas á realidade actual do mercado residencial
A Xunta axuda a mellorar as infraestruturas de 40 establecementos turísticos do Salnés
O delegado territorial visitou o hotel La Lanzada, que recibiu unha achega de 50.000 euros para renovar o seu mobiliario e modernizar os seus sistemas de cobro e de control de persoal
A Xunta licita por 1,5 M€ as obras da senda de 2,3 km ao longo da estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense
Allegue destaca que o trazado da nova senda, que transformará este barrio ourensán, é froito do consenso coa veciñanza e incorpora as súas aportacións con melloras nos pasos de peóns e paradas de bus
A directora da EGAP clausura o Curso Superior de Técnico de Urbanismo celebrado na escola
No acto interveu tamén a directora xeral de Urbanismo, Mª Encarnación Rivas, que fixo fincapé na importancia de avanzar cara á un urbanismo responsable, sostible e cooperativo, que garanta unha ordenación equilibrada e de calidade do territorio galego
A Xunta adxudica por preto de 196.000€ a obra de humanización dun espazo para a veciñanza e a execución dun edificio para uso recreativo en Chandrexa de Queixa
A actuación prevista en Celeiros, enmarcada no Plan Hurbe do Goberno galego, permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores