Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá por desistida a solicitude de zona tensionada do Concello de Santiago de Compostela ao non cumprimentar a documentación requirida
A resolución dá por desistida a solicitude ao non contestar adecuadamente o concello compostelán ao requirimento de emenda da documentación realizado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
A Xunta inicia as obras dun segundo edificio de 24 vivendas públicas no barrio do Bertón en Ferrol
O investimento nesta actuación ascende a un total de 7M€, dos que un 83% son fondos propios da Xunta
A Xunta colabora co concello de Friol na construción dun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla, que suporá un investimento de 220.000€
O obxectivo é aproveitar o crecente interese polo turismo rural e o contacto coa natureza
Xunta e concello de Chandrexa de Queixa colaboran na humanización dun espazo para a veciñanza en Celeiros e a construción dun edificio para uso recreativo, no que se investirán máis de 235.000 €
A humanización prevista permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores
A Xunta colabora co Concello da Baña na mellora de varios viarios, entre eles o de Liñares-A Carballeira
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financia esta intervención a través dun préstamo por máis de 380.000€ do Fondo de Cooperación ao concello, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
A Xunta coopera co Concello do Pino para a humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, que suporá un investimento de 605.000 euros
Trátase de acondicionar estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago
Rueda reclama ao Goberno central o inmediato rescate da AP-9 e advirte do custo de adiar esta medida
O presidente autonómico apunta que o informe sobre a situación da autoestrada avaliado no Consello da Xunta actualiza a estimación do custo actual deste rescate en 2.356M€, “cantidade moito menor da que habería que pagar de aquí ao final da concesión”
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 48.000€ que que permitiu renovar a casa do conserxe para ampliar o comedor do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez en Muros
A delegada da Xunta lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer este ano 131 actuacións en centros educativos da provincia da Coruña cun investimento total de 44M€