A Xunta manterá a glorieta de Ledoño, en Culleredo, ata que estea executada a actuación do paso inferior na AC-523
2025-08-04
/documents/35297/1811470/glorieta.png?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025
A Xunta manterá a glorieta de Ledoño, en Culleredo, ata que estea executada a actuación do paso inferior para o cruce seguro dos peóns neste punto da estrada AC-523, actualmente en fase de redacción do proxecto por parte da Administración autonómica.
A actuación busca mellorar a mobilidade dos peóns e reforzar a súa seguridade no cruce desta estrada na intersección do punto quilométrico 1+360. O investimento estimado das actuacións de seguridade viaria prevista neste ámbito ascende a 700.000 euros. A previsión é que este proxecto poida estar redactado a finais deste ano co fin de licitar e executar as obras en 2026.
Data de actualización: 04/08/2025