Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.319 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/06/2026 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

Medio Rural promove a I Feira do Viño Rosado de Galicia dentro da Festa da Rosa de Mos

Un total de oito adegas das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras participan no evento, inaugurado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen foi nomeada tamén Valedora da festa

13/06/2026 | 10:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na prolongación da autovía Santiago-A Estrada obriga ao corte da estrada AC-241 ao seu paso por Vilar, no concello de Teo, a partir deste luns

O obxectivo é executar os traballos necesarios para rematar o enlace da AC-241, polo que o corte comezará este vindeiro día 15 e, por un prazo de dúas semanas e media

12/06/2026 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado da mellora da OU-533 entre Viana do Bolo e A Gudiña, na que se investirán case 15,6M€

Intervirase no treito de máis de 15 quilómetros deste viario, entre os citados concellos, coa renovación da capa de rodaxe en toda a plataforma, a mellora das interseccións e a habilitación de carrís adicionais para facilitar adiantamentos

11/06/2026 | 19:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta multiplica por 5 a aportación ao Plan Estatal de Vivenda e a conselleira Allegue pide ao Goberno que faga o mesmo

Allegue destaca que Galicia asumirá o esforzo de cofinanciación do 40 % mentres reclama un maior compromiso estatal que apenas duplica a súa aportación neste novo Plan Estatal de Vivenda

11/06/2026 | 15:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil da PO-551 en Bueu

O orzamento supera os 875.000 euros e permitirá crear unha alternativa de ocio saudable para peóns e ciclistas

11/06/2026 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración “Compostela”, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66

Allegue avanzou que os “tres Gobernos autonómicos solicitarán unha reunión co vicepresidente Executivo de Mercado Interior da CE, Stéphane Séjourné, para trasladar a preocupación ante unha discriminación territorial que é inaceptable”

11/06/2026 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/06/2026 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita hoxe o proxecto da Variante Leste de Viveiro, cun orzamento de máis de 391.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que as empresas teñen de prazo ata o 16 de xullo para presentar ofertas e a previsión é iniciar a redacción do documento no último trimestre do ano

10/06/2026 | 18:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Porriño urbanizará co Fondo de Cooperación Autonómico a contorna do acceso á parcela cedida á Xunta para construír 36 vivendas públicas

O Goberno autonómico concederá un préstamo sen xuros por preto de 740.000€ ao Concello para financiar a urbanización da urbanización dun treito na rúa Fernández Areal e do viario E do SUR PPR-5, que dan acceso á parcela onde se construirán as vivendas