Actualidade
Buscador de novas
A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas
A Xunta tramitará un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver solo residencial neste ámbito, que conta xa coa delimitación inicial
Allegue: “Coas novas medidas, máis familias galegas terán acceso a vivenda pública da Xunta de Galicia”
As modificacións impulsadas pola Xunta inclúen a suba dos límites de renda a 4 veces o Iprem (4,5 para familias numerosas), a reserva do 30% da vivenda en réxime de compra-venda para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo e a bonificación do 100% do imposto de Actos Xurídicos Documentados
A Xunta aproba definitivamente o Plan Básico Municipal de Porqueira, que proporciona un instrumento eficaz que garante o desenvolvemento ordenado e sostible ao concello
Allegue subliña o recoñecemento ao PBM do municipio ourensán, premiado o pasado ano polo COAG na categoría de Planificación Urbana, que recoñece os proxectos máis destacados en ordenación territorial, e que agora opta aos Premios Arquitectura 2026
Rueda reivindica os avances de Galicia en materias como as tecnoloxías de alto impacto, a vivenda pública e o turismo sostible
Recorda que o Goberno galego xa está cumprindo o seu obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública, e pasar de 4.000 a 8.000 fogares
Allegue destaca o investimento de 16 M€ da Xunta este ano para a conservación e mantemento de máis de 160 km de estradas da provincia de Pontevedra
Os traballos que comezaron hoxe en Xeve forman parte dun contrato conxunto de 2,1 M€, para actuar en seis estradas ao seu paso por sete concellos: Pontevedra, Pontecesures, Valga, Ribadumia, Cambados, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa
A Xunta remata as obras de estabilización do noiro do tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar, tras un investimento de case 110.000 €
Esta fin de semana procedeuse xa á reapertura do carril cortado ao tráfico sentido Baiona no tramo da autovía do Val Miñor que permaneceu pechado durante as obras
A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril
A Xunta recibe unha oferta para a construción e concesión dunha cafetería no ámbito PS5 dos terreos da antiga ETEA en Vigo
O orzamento para a construción da cafetería estímase en 405.891€, mentres que para a fase de explotación, o valor estimado ascende a 9,8M€
A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€
O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos