Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/11/2025 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 146.000 euros a execución da mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda

As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes

07/11/2025 | 19:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor o ‘Proxecto Terra’, que cumpre 25 anos educando e xerando espírito crítico nos cativos a partir do ensino da paisaxe e da arquitectura

Allegue agradeceu aos docentes o traballo para “transmitir os valores de respeto polo vello e polo belo, reivindicando a beleza de Galicia e a relación dos ancestros coa terra”

07/11/2025 | 16:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no II Pacto de vivenda de Galicia 2026-2030 para reforzar e renovar o compromiso coas políticas reais e efectivas, tras executar o 98% das medidas e preto de 365 M€ do plan anterior

Allegue destaca o obxectivo da Xunta de impulsar un novo instrumento de planificación integral, que reforzará as actuacións máis efectivas do período anterior e incorpora novas medidas adaptadas á realidade actual do mercado residencial

07/11/2025 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axuda a mellorar as infraestruturas de 40 establecementos turísticos do Salnés

O delegado territorial visitou o hotel La Lanzada, que recibiu unha achega de 50.000 euros para renovar o seu mobiliario e modernizar os seus sistemas de cobro e de control de persoal

07/11/2025 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1,5 M€ as obras da senda de 2,3 km ao longo da estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense

Allegue destaca que o trazado da nova senda, que transformará este barrio ourensán, é froito do consenso coa veciñanza e incorpora as súas aportacións con melloras nos pasos de peóns e paradas de bus

07/11/2025 | 13:58 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A directora da EGAP clausura o Curso Superior de Técnico de Urbanismo celebrado na escola

No acto interveu tamén a directora xeral de Urbanismo, Mª Encarnación Rivas, que fixo fincapé na importancia de avanzar cara á un urbanismo responsable, sostible e cooperativo, que garanta unha ordenación equilibrada e de calidade do territorio galego

07/11/2025 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/11/2025 | 18:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/11/2025 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 196.000€ a obra de humanización dun espazo para a veciñanza e a execución dun edificio para uso recreativo en Chandrexa de Queixa

A actuación prevista en Celeiros, enmarcada no Plan Hurbe do Goberno galego, permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores

06/11/2025 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras da senda do Barbaña na zona da avenida Pardo de Cela, en Ourense

Manuel Pardo destacou que os traballos que se levaron a cabo nesta intersección adquiren unha gran importancia por tratarse dun enclave polo que transcorre o Camiño de Santiago no seu roteiro da Vía da Prata