Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/10/2025 | 15:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta prevé 32 M€ para infraestruturas viarias na provincia de Ourense

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas salienta que estas actuacións amosan o compromiso do Executivo autonómico “con vertebrar Galicia, dinamizar o rural e comunicar a comunidade con Portugal”

20/10/2025 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ortiz supervisa o inicio das obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas cun investimento de 2M€

A delegada territorial da Xunta de Galicia na área de Vigo visitou a estrada PO-342 xunto á alcaldesa de Salvaterra de Miño

19/10/2025 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña

A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.

19/10/2025 | 10:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proseguirá o luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de oito estradas autonómicas ao seu paso por once municipios das catro provincias

Continuaranse con estas tarefas en vías de titularidade da Xunta nos seus distintos percorridos polos concellos de Carnota, Teo, Brión, Coristanco, Bóveda, Ourense, A Arnoia, Cortegada, Barro, Moaña e Cangas

18/10/2025 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue anuncia 28 M€ para vivenda en Pontevedra e adianta que a Xunta facilitará a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso

Allegue destacou que é a provincia de Pontevedra a que conta co orzamento máis alto da Xunta en materia para vivenda, con 149 M€, dos que 28 M€ terán como destino a cidade do Lérez

17/10/2025 | 16:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/10/2025 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto da senda na PO-352, entre A Guarda e Camposancos, cun investimento de máis de 1,3M€

O prazo para presentar alegacións será de 30 días hábiles contados desde mañá, é dicir, do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG

17/10/2025 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 830.000 euros as obras de humanización do campo da feira no lugar do Mesón do Vento, no concello de Ordes

A intervención permitirá acondicionar o espazo do Mesón do Vento e mellorar os itinerarios peonís na contorna deste municipio do Camiño de Santiago

16/10/2025 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dos proxectos e dirección de obra de construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Collocci en Lugo

O edificio habilitarase nunha das parcelas cedidas polo Concello e estímase que a súa construción suporá un investimento de ao redor de 4,4M€

16/10/2025 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a rehabilitación dun inmoble no casco vello de Ribadavia para acadar 5 vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico de 1,8M€

Allegue sinalou que esta intervención se executa ao abeiro do programa Rexurbe da Xunta, co que se recuperan inmobles en estado de abandono ou semiabandono en centros históricos para logo ofrecelos en alugueiro accesible