Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/09/2025 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/2025 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta concede 294 axudas á mocidade para a adquisición de vivenda en concellos galegos de menos de 10.000 habitantes por importe de 2,3 M€

O presidente da Xunta sinala que o obxectivo é facilitar aos mozos e mozas menores de 36 anos que queren iniciar o seu proxecto vital no rural, a través do apoio económico directo para acceder á súa primeira vivenda

22/09/2025 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras da reforma e mellora dunha rúa en Fumaces, no concello de Riós

Manuel Pardo destacou que esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o concello, que supuxo un investimento total de máis de 237.000 euros, dos que o 70% foi unha achega do Goberno galego

21/09/2025 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a transformación da glorieta da estrada AC-546 en Negreira, que reforzará a seguridade no acceso ao polígono de Covas

Os traballos consistiron na conversión dunha glorieta partida nunha rotonda completa de 31 metros de diámetro exterior

21/09/2025 | 10:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 4 M€ o servizo de inspección e redacción de proxectos de conservación de estruturas e obras de paso das estradas autonómicas nos vindeiros 4 anos

O obxectivo da Xunta é preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil destas mediante actuacións de conservación preventiva

19/09/2025 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/09/2025 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o documento do Plan Estatal enviado ás CC. AA. non recolla as propostas de Galicia e presentará alegacións ante un texto non consensuado

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas critica que o documento chega con “evidente retraso” poñendo en perigo a convocatoria de varias liñas de axudas vinculadas ao Plan Estatal

19/09/2025 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue cifra en 60 M€ o investimento da Xunta en materia de vivenda en Pontevedra, onde xa están en execución 300 novos fogares

A conselleira destaca as actuacións de Valdecorvos como exemplo da acción da Xunta en materia de vivenda, onde o Goberno galego está a impulsar 235 fogares

18/09/2025 | 22:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/09/2025 | 20:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca o esforzo compartido da Xunta e do sector da construción no impulso da vivenda pública e infraestruturas máis seguras en Galicia

Subliña o intenso ritmo licitador que está a desenvolver a Xunta co obxectivo principal de duplicar o parque público residencial, tendo xa en marcha preto de 3.000 novas vivendas