Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

18/09/2025 | 18:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Valga na mellora das instalacións deportivas do municipio

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financia esta intervención cun préstamo por 700.483€ do Fondo de Cooperación ao Concello, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

18/09/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9

Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes

17/09/2025 | 18:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/09/2025 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o Goberno central volva castigar aos galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta pola AP-9

O Goberno galego critica a falta de valentía do Goberno de Sánchez ante a súa resposta sobre o ditame da Comisión Europea que declaraba a irregularidade das prórrogas da concesión da autoestrada

17/09/2025 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completa a rehabilitación do firme da estrada LU-113, que sumou un investimento de 5,5 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que esta semana rematan os traballos nos últimos 12,6 quilómetros que quedaban entre Xustás e Moncelos, aos que se destinaron 1,5M€

17/09/2025 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/09/2025 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto do acondicionamento da AC-406 nos concellos de Val do Dubra e da Baña, cun investimento de máis de 4,3 M€

O obxectivo é mellorar o trazado do tramo de case 3,5 quilómetros, entre os puntos 18+477 e 21+925 desta vía, co fin de reforzar a seguridade viaria

17/09/2025 | 13:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta destina 40 M€ á ampliación da autovía do Salnés e a melloras para facilitar as comunicacións nesa zona

 A actuación contempla a ampliación da vía rápida entre Sanxenxo e A lanzada, da PO-308, a creación dunha senda peonil e ciclista por toda A Lanzada e medidas de protección medioambiental

16/09/2025 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva transferidos máis 900.000€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais deste verán

O Goberno galego concedeu xa 9 axudas, 7 a propietarios de vivendas en San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, e 2 en Quiroga por un importe que supera os 900.000€

16/09/2025 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 430.000 euros as obras de mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

Os traballos consistirán na ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como na habilitación de beirarrúas e nova iluminación