Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

11/09/2025 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste preto de 425.000€ nas obras de acondicionamento e mellora da seguridade da estrada AC-543 ao seu paso por Brión

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas cofinancia esta actuación ao longo de 1,5km do viario ao seu paso polo núcleo urbano que permitirán calmar o tráfico e gañar espazo para as persoas, coa ampliación das beirarrúas en condicións de accesibilidade

10/09/2025 | 17:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O concello de Friol súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda de promoción pública

O convenio co Concello de Friol é o terceiro que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez e da Arnoia, e o primeiro na provincia de Lugo

10/09/2025 | 16:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a aposta pola conservación das estradas autonómicas coa licitación no que vai de ano de obras de mellora de firmes por importe de case 44 M€

Francisco Menéndez remarcou a importancia das redes viarias autonómicas para acadar a vertebración territorial, de modo complementario coa rede estatal

10/09/2025 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede unha subvención de 200.000 euros á rehabilitación de catro vivendas para alugamento social en Cangas

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este mércores o edificio do barrio cangués de Nazaret que será reformado cunha achega do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

10/09/2025 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue reúnese en Carballeda de Avia con veciños afectados polos incendios

A titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou o núcleo de Vilariño, onde trasladou aos afectados o compromiso da Xunta para axilizar coa maior celeridade as axudas para reconstrución de vivendas danadas polos incendios

09/09/2025 | 20:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/09/2025 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Quiroga

O delegado territorial, Javier Arias, tamén lembrou que o Goberno galego habilitou  axudas para reconstruír inmobles afectados polos incendios

09/09/2025 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para a redacción do proxecto para construír 78 vivendas de promoción pública en Agriños, no Concello de Ames

Das 14 ofertas presentadas a este contrato, licitado por 662.274 euros, 5 delas están conformadas por UTE, sumando un total de 19 empresas

08/09/2025 | 19:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou esta tarde o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación da veciñanza afectada polos incendios

08/09/2025 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo visita a zona na que se construirá unha senda na AC-552 en Nantón en Cabana de Bergantiños que conta cun investimento que rolda os 425.000 €

A actuación é un itinerario peonil de 1,5 quilómetros de lonxitude e ten por obxectivo fomentar a mobilidade sostible e mellorar a seguridade viaria da estrada