Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.317 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/07/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
30/06/2025 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta renova o convenio do centro da área Rexurbe de Mondoñedo, por un importe de 175.000€

O Goberno galego cofinancia o 60% dos medios humanos e materiais da oficina de información municipal da Área Rexurbe durante dous anos máis, ata xuño de 2027

29/06/2025 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras da reforma do firme en catro estradas da comarca de Sarria e Chantada

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas LU-533, LU-536, LU-636 e LU-622, que discorren polos concellos do Saviñao, Sarria e Láncara.

29/06/2025 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos da provincia da Coruña

O investimento acada os 3,3Me e acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-840, AC-214, AC-400, AC-223 e AC-231, nos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía, Sobrado, Cerceda, Betanzos, Oza-Cesuras, Vilasantar, Curtis e Oleiros

29/06/2025 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, por 150.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares

28/06/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto para construír 54 vivendas públicas en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

Trátase do contrato de redacción do proxecto para construír estas novas vivendas públicas na parcela cedida polo Concello localizada no polígono B1 de Valdecorvos, na rúa Prado Novo nº4 por un importe de 447.715 €

28/06/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 455.905€ a mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111

28/06/2025 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias informa a representantes veciñais dos barrios de Paradai e das Gándaras sobre os prazos para a renovación da rúa Serra de Meira

Explicoulles que a Xunta traballa na actualización do proxecto de mellora da vía, que se agarda ter lista no mes de xullo, e lembrou que isto non se puido facer antes polos continuos atrasos nas obras previas que debían executar o Concello de Lugo e a CHMS

28/06/2025 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para as obras do segundo tramo da autovía AG-59, entre Pontevea, en Teo, e O Rollo, na Estrada

O Goberno galego prevé iniciar as obras deste segundo treito no outono, e que estean rematadas en 2028, completando así a autovía ata o concello da Estrada

27/06/2025 | 16:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas