Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.278 novas da C. do Mar:

02/06/2026 | 14:17 | C. do Mar

Villaverde detalla no Parlamento o plan excepcional de 23 M€ e a aposta da Xunta pola cogobernaza real para recuperar o marisqueo

A conselleira do Mar debulla a folla de ruta do Goberno galego ante o impacto dos temporais de inicio de ano, que deixaron precipitacións acumuladas de máis de 1.000 litros por metro cadrado nas Rías Baixas

01/06/2026 | 19:53 | C. do Mar

Villaverde destaca o liderado de Galicia na acuicultura nacional e o compromiso da Xunta co sector

Sitúa esta actividade como “un dos motores da nosa economía azul”, con máis de 2.600 empresas e 5.600 empregos

01/06/2026 | 17:18 | C. do Mar

A Xunta asina coa Confraría de Muros o terceiro convenio do Plan extraordinario de apoio ao marisqueo

Finánciase a totalidade do proxecto solicitado pola entidade, dotado con máis de 352.000 €, destinando máis do 89% a compensar ás persoas mariscadoras polas tarefas de rexeneración dos bancos marisqueiros

31/05/2026 | 10:06 | C. do Mar

A Xunta solicita a retirada dos proxectos estatais para as artes menores de enmalle e volanta ao acreditar cero capturas de marsopa en 27 anos

A Consellería do Mar presenta alegacións formais contra as dúas resolucións do Ministerio ao demostrar con máis de 17.500 lances monitorizados desde 1999 que a frota galega non ten impacto nesta especie

29/05/2026 | 16:58 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel estratéxico da miticultura galega e reclama máis apoio europeo para o sector

Defende a inclusión da acuicultura no sector primario e, por tanto, a súa exclusión da Directiva de Servizos da UE

29/05/2026 | 13:44 | C. do Mar

Mar analiza cos GALP o impacto dos 339 proxectos impulsados entre 2023 e 2025 e estuda novas fórmulas para facilitar a súa tramitación

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse cos xerentes dos 8 Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro existentes en Galicia

29/05/2026 | 11:20 | C. do Mar

O Servizo de Gardacostas de Galicia retira máis de 500 aparellos ilegais e devolve ao mar 214 quilos de marisco na ría de Arousa

As diferentes inspeccións realizadas desde o pasado martes saldáronse coa incautación de 510 nasas e cacharros para polbo, 250 metros de rede  

28/05/2026 | 20:53 | C. do Mar; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes