Villaverde entrega en Sanxenxo os premios da 11ª Regata Internacional Rey Juan Carlos I
Sanxenxo (Pontevedra), 20 de setembro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, participou no acto de entrega de premios da 11ª Regata Internacional Rey Juan Carlos I – El Corte Inglés Máster, que se celebrou no Real Club Náutico de Sanxenxo, e no que foi a encargada de entregar os galardóns aos vencedores das distintas categorías.
A cita reuniu, durante tres xornadas, na ría de Pontevedra máis de 170 embarcacións de distintas modalidades, entre elas cruceiros, monotipos, vela clásica e vela lixeira, nunha nova edición dunha das probas náuticas de referencia do calendario galego.
Data de actualización: 20/09/2026