Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.965 novas da C. do Mar:

05/11/2025 | 18:34 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta retira 94 m3 de residuos das praias afectadas polo vertido de aceite de palma no porto de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático manterá o seguimento desde terra, cun operativo de 12 persoas, 4 carretillas de carga e 2 mini retroescavadora

05/11/2025 | 18:09 | C. do Mar

Galicia formaliza a súa participación no recurso contra a sentenza que avala o veto ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico Nororiental

A Xunta remitiu o martes o escrito de contestación ao recurso de casación do Estado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea

05/11/2025 | 16:53 | C. do Mar

Villaverde visita á Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns e destaca o seu labor a prol da actividade marisqueira

A Xunta apoia o sector ao abeiro das liñas de axuda autonómicas con máis de 230.000 euros nos últimos tres anos

04/11/2025 | 13:07 | C. do Mar

A Xunta e a DOP Mexillón de Galicia fan balance das accións impulsadas e analizan novas liñas de colaboración de cara ao vindeiro ano

A conselleira do Mar mantivo un encontro de traballo co secretario xeral do Consello Regulador para estudar cambios nas medidas realizadas este exercicio co obxectivo de afondar na colaboración para potenciar a promoción e comercialización deste bivalvo

03/11/2025 | 16:41 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta afianza a súa aposta pola apertura dos seus produtos alimentarios a novos mercados internacionais no Gastronomic Forum

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe na inauguración do evento, no que o Goberno autonómico participa cun espazo de Galicia Calidade

02/11/2025 | 11:07 | C. do Mar

Portos de Galicia autoriza ao concello de Ortigueira para iniciar as obras de reforma do edificio de servizos sociais nun prazo de 6 meses

O Concello prevé un investimento de máis de 50.000 euros para a mellora do inmoble de titularidade portuaria que xestiona en concesión a administración local

01/11/2025 | 10:06 | C. do Mar

A Aixola inicia un novo curso con setenta persoas matriculadas e proxectos internacionais

O Centro de Formción A Aixola ofrece formación gratuíta nas áreas de construción naval, artes e aparellos, velería e mecánica

31/10/2025 | 14:41 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

A Xunta defende un modelo de xestión compartida dos Fondos Europeos para dar resposta aos novos desafíos da Unión Europea

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, clausurou a 2ª edición do concurso Europa-Xunta que pon en valor as actuacións das Administracións galegas co apoio da UE