Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Goberno central avanzan na colaboración para optimizar a inspección e o control da actividade pesqueira
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, abordou en Madrid coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, vías para reforzar a coordinación operativa entre o Ministerio e o Servizo de Gardacostas.
A Xunta asina coa Confraría de Redondela o convenio de recuperación marisqueira cun investimento de máis de 653.000 euros
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, rubricou coa entidade un acordo que dota de apoio económico directo a 82 mariscadoras a pé afectadas polas intensas baixadas de salinidade de principios de ano
Villaverde asina coa confraría do Grove o convenio de recuperación marisqueira de maior alcance xeográfico cun investimento de máis de 751.000 euros
A conselleira do Mar rubricou coa patroa maior da entidade o acordo que abrangue máis de 3,5 millóns de metros cadrados nas zonas do Grove, Vilalonga e Castrelo
A Xunta avanza na actualización da normativa da pesca marítima de lecer para adaptala ás necesidades do sector e á nova lexislación europea
A disposición autonómica estase a elaborar mediante un proceso participativo no que o obxectivo é que estean representados todos os axentes implicados
A Xunta defende o modelo galego de coxestión marisqueira e reafirma o seu compromiso coa recuperación dos bancos marisqueiros
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, avaliou de xeito positivo o sistema actual baseado no diálogo e rexeitou calquera reorientación de fondos que sinale a improvisación fronte aos criterios científicos
A Xunta reivindica o rigor científico e a prevención no desenvolvemento de accións contra a presenza da alga asiática
Ángeles V. Suárez destaca funcionamento do Plan de Xestión da Biomasa e os dous millóns de euros activados en liñas de axuda para o control de especies invasoras
A Xunta salienta os 25 anos do Cetmar como referente internacional que transforma a ciencia en gobernanza do mar
A fundación afronta este aniversario cunha intensa actividade centrada en 52 proxectos vixentes e máis de 4,5 millóns de euros de investimento para actuar como fío condutor entre a comunidade científica, as administracións e o sector mar-industria
Rueda salienta o compromiso da Xunta por modernizar a frota do servizo de Gardacostas coa entrega dunha nova patrulleira máis eficiente
Destaca o gran traballo que realizan este profesionais, operativos as 24 horas dos 365 días do ano