Actualidade
Buscador de novas
Villaverde aborda coa comisión Mar-Industria da CEG unha resposta conxunta contra á proposta da comisión de recorte do fondo europeo da pesca
A titular de Mar enmarcou este encontro no marco do diálogo constante entre a Administración autonómica e a cadea mar-industria que sustenta o modelo de cogobernanza na xestión pesqueira da comunidade
A sardiña ibérica da costa atlántica recupera o selo Azul de Marine Stewardship Council que certifica a súa sostibilidade
O distintivo garante ao consumidor que esta especie cumpre os tres requisitos fixados: boa saúde da poboación, mínimo impacto no ecosistema mariño e xestión eficaz e transparente da pesquería
Mar conclúe a rexeneración do banco marisqueiro de O Bohído coa sementeira de ameixa xaponesa e babosa nunha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados
Esta actuación inclúese no encargo de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3M€
O Servizo Autonómico de Gardacostas de Galicia atendeu 20 emerxencias marítimas desde o inicio do verán, cunha especial incidencia da náutica de recreo
Destacan a complexa evacuación médica dun tripulante a 130 millas da costa ou rescate e remolque de embarcacións de lecer por quedar á deriva, varadas ou por colisións contra bateas, concentrándose a maioría das actuacións na ría de Arousa
Galicia alega ante o Ministerio o borrador da resolución que recorta nun 50% os topes de captura de sardiña para a frota de cerco, racú e piobardeira
A Consellería do Mar remite un escrito consensuado co sector no que sinala que esta decisión compromete a rendibilidade e estabilidade socioeconómica da frota cando o consumo de cota aínda está no 80%
Aberto o prazo de solicitude das axudas para a creación e consolidación das OPP e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros
Dotadas con 400.000 euros, contribúen ao impulso do sector, xerando emprego e riqueza no marco dunha economía azul sostible
A Xunta traslada ao comisario de pesca a dimensión socioeconómica do conxunto da cadea mar-industria e o seu impacto na principal rexión pesqueira de Europa
A responsable autonómica puxo en valor a cogobernanza que rixe na xestión pesqueira da comunidade como modelo de éxito e avogou por implantalo a nivel comunitario integrando ás rexións altamente dependentes da pesca na toma de decisións
A Xunta cuestiona o Decreto estatal e avoga por unha maior presenza dos produtos pesqueiros nas escolas seguindo as recomendacións da OMS e Aesan
A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar destacou nun coloquio sobre esta norma prexudica a un sector estratéxico para a comunidade reducindo o consumo do peixe e marisco nos consumidores do mañá