Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.100 novas da C. do Mar:

04/07/2025 | 12:17 | C. do Mar

Marta Villaverde incide na necesidade dunha PPC máis xusta socioeconómica e medioambientalmente, xestionada baixo un enfoque ecosistémico

A conselleira do Mar trasladou que estes son algúns dos argumentos sobre os que debe sustentarse a Política Pesqueira Común, e que Galicia recolle no Decálogo Estratéxico presentado o ao Comisario de Pesca o pasado mes de abril, en Bruxelas

03/07/2025 | 20:37 | C. do Mar

O GALP Ría de Pontevedra desenvolve 25 proxectos, dotados cun investimento público-privado superior aos 4,5 M€

Marta Villaverde puxo en valor a acción dos 8 entes existentes en Galicia como instrumento para o aproveitamento da economía azul, a diversificación económica e a xeración de emprego nas zonas dependentes da pesca e da acuicultura

03/07/2025 | 17:40 | C. do Mar

Villaverde resalta a estratexia da Economía Azul de Galicia como elemento transformador da actividade marítimo pesqueira na comunidade

A titular de Mar puxo en valor que esta folla de ruta do Goberno galego, dotada con 114 millóns de euros, está aliñada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas

03/07/2025 | 15:48 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira

O presidente de Portos visitou os traballos executados no vial do Malecón e a explanada portuaria para a mellora da seguridade viaria

03/07/2025 | 13:20 | C. do Mar

Marta Villaverde destaca a capacidade da cadea mar-industria galega para adaptarse ás tendencias do mercado e dar resposta ás necesidades do consumidor

Sitúa a innovación e a atracción de talento como elementos clave para alcanzar o liderado nas vendas e un incremento no consumo, así como para reforzar a marca Galicia Calidade que dá un valor diferencial aos produtos capturados na costa galega

02/07/2025 | 17:31 | C. do Mar

Villaverde enxalza ao Intecmar como centro de referencia e o seu papel como aval da salubridade dos productos pesqueiros galegos

A conselleira puxo en valor a calidade técnica dos profesionais deste centro autonómico que realiza anualmente 72.000 análises, emite preto de 300 resolucións, máis de 1.500 informes previos á extracción e 600 avisos

02/07/2025 | 17:09 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Mar e Facenda impulsan un sistema de información que dea soporte á xestión dos descritores do estado do ecosistema mariño e as poboacións explotadas

A plataforma, que está dotada con 187.000 euros, co-financiados polo Fempa, permite a dixitalización destes elementos, considerados decisivos na xestión e a investigación pesqueira

01/07/2025 | 19:51 | C. do Mar

Marta Villaverde preside a reunión do padroado da Fundación Marinnleg

Esta entidade público-privada foi creada para cubrir aspectos técnicos que teñen que ver coa actividade pesqueira, situando a Galicia na primeira rexión da UE en contar cun órgano destas características