Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.059 novas da C. do Mar:

09/12/2025 | 14:23 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita detén unha persoa e identifica outras seis por furtivismo na ría da Coruña

A detención realizouse no marco de diversos dispositivos especiais de vixilancia desenvolvidos en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia e a confraría de pescadores da Coruña

07/12/2025 | 12:51 | C. do Mar

Mar pon a disposición os cursos de formación sanitaria inicial que permiten aos profesionais do sector seguir enrolados

Na clausura dun destes cursos, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou que a Xunta realiza estas formacións para dar cobertura á falta de convocatorias do Instituto Social de la Marina (ISM)

06/12/2025 | 16:17 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Villaverde destaca que a Festa do Marisco do Barqueiro representa a esencia da nosa costa

A conselleira do Mar estivo acompañada polo director de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ferrol

05/12/2025 | 20:00 | C. do Mar

A Xunta avanza co sector na regulación das demasías en lonxa para dotar de maior seguridade xurídica ao marisqueo

A conselleira do Mar informa á Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra de que a orde que regulará a venda dos excedentes está xa en tramitación

05/12/2025 | 18:16 | C. do Mar

Mar pon en marcha unha web de estacións de rastrexo de parámetros ambientais dentro do proxecto Redecos

Esta acción pon a disposición do sector información relacionada cos efectos do cambio climático, co fin de seguir mellorando a produción e o cultivo de bivalvos

05/12/2025 | 16:56 | C. do Mar

Villaverde destaca a aposta de Alumar pola excelencia dos seus produtos e o seu compromiso coa mellora continua

A conselleira do Mar asistiu á entrega duns novos distintivos e posterior inauguración da ampliación da nave que esta compañía ten en Barro

05/12/2025 | 15:49 | C. do Mar

Portos de Galicia e o concello de Pontevedra tramitarán un convenio para a xestión e reforma da escola de piragüismo

O presidente do ente público reuniuse coa concelleira de Deportes e a directiva do club, para abordar a rescisión da actual concesión da entidade deportiva a petición propia e trasladala á administración local

05/12/2025 | 13:09 | C. do Mar

As vendas de produtos do mar co selo 'pescadeRías' superan as 15.000 toneladas e os 500 axentes adheridos

A marca, creada pola Xunta no 2008, avala a frescura, orixe e sostibilidade do peixe e marisco ao consumidor

04/12/2025 | 13:37 | C. do Mar

A conselleira do Mar traslada ao alcalde de Malpica as actuacións previstas para o reforzo da seguridade no interior da dársena

Portos de Galicia investirá 262.000 euros nun estudio de novas solucións técnicas coa Universidade da Coruña