Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.992 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

21/10/2026 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala o récord de 39 bandeiras verdes concedidas este ano como exemplo do compromiso ambiental e paisaxístico dos concellos galegos

Ángeles Vázquez sinala que foi a convocatoria con máis concellos recoñecidos e tamén na que máis solicitudes se recibiron

21/10/2026 | 15:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incentivará a concellos e empresas para avanzar na redución das perdas de auga e na reutilización dos recursos hídricos

Ángeles Vázquez explica que se propón reducir nun 10% o canon por perdas de auga aos municipios que faciliten información sobre as fugas nas súas redes

21/10/2026 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón en Ourense o seu modelo de xestión coordinada do xabaril desde un ámbito transversal e diferencial do territorio

Marisol Díaz explica que é necesario combinar prevención de danos, control poboacional, actuacións sobre as infraestruturas viarias, vixilancia sanitaria, información e cooperación institucional

21/10/2026 | 11:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga unha concesión de ocupación de preto de 490 metros cadrados para unha rede de saneamento no concello coruñés de Miño

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada en decembro do 2025 e cuxo ámbito de actuación afecta á rúa Extremeiro

20/10/2026 | 18:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade

Na xuntanza analizouse o proxecto municipal para reforzar o servizo cunha captación superficial no río Avia

20/10/2026 | 16:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás empresas galegas a aplicar os principios de economía circular no seu proceso productivo a través da reutilización de equipamentos industriais

Ángeles Vázquez destaca que prolongar a vida útil dos equipamentos mediante a súa reparación, actualización e reutilización reduce residuos e mellora a competitividade empresarial

19/10/2026 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda avanza que Galicia dá o primeiro paso formal para crear a oitava reserva da biosfera da comunidade, entre os cabos Fisterra e Silleiro

O Consello foi informado de que esta semana a candidatura se someterá a un proceso de consulta pública co fin de recompilar posibles achegas e enriquecer a proposta antes de remitila para iniciar a súa tramitación oficial ante a Unesco

19/10/2026 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Carral avalían medidas para a mellora do saneamento na localidade

Na xuntanza abordáronse os proxectos municipais para mellorar este servizo nas parroquias de San Vicente e Cañás

19/10/2026 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo completan a última intervención arqueolóxica na illa de Ons co achado de novos restos castrexos

O principal descubrimento durante os traballos desenvolvidos no mes de outubro foi un muro de aparente cronoloxía castrexa fóra da muralla do castro de Castelo dos Mouros, onde ata o de agora só se atoparan restos de época romana

18/10/2026 | 10:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño de medidas destinadas a reducir o residuo alimentario en colaboración co sector da distribución e os fogares

As achegas, propostas e suxestións recibidas permitirán enriquecer as liñas estratéxicas do futuro Plan de prevención e xestión do residuo alimentario que está a preparar a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático