Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta instala 21 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía do risco de inundación nos ríos Ouro, ao seu paso por Foz, e Batán, en Lourenzá
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de asolagamento e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio deste tipo
Ángeles Vázquez anima ao tecido industrial a apostar pola reutilización da auga para reducir a súa pegada ambiental e contribuír á garantía do abastecemento
Tras lembrar que esta é unha liñas de actuación da Xunta para reforzar a eficiencia do subministro, a conselleira avanza que, de forma preliminar, se estima en máis de 5 millóns de m3 ao ano a auga que sería susceptible de reutilizarse no eido industrial
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dun campamento de turismo en Mazaricos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nos sistemas do Lérez, do Anllóns e en Baiona e estende a prealerta á unidade territorial de Ferrol e a Zamáns
Tamén continúan en fase de prealerta as concas do río Tambre e ría de Muros e Noia; do río Grande (Camariñas); do río Mandeo e ría de Betanzos, e do río Landro e río Ouro
A Xunta salienta que a actuación ambiental na praia fluvial do Furelos, en Melide, é a mellor garantía para compatibilizar a súa conservación co uso público
Ángeles Vázquez sinala que esta actuación é a mellor solución desde o punto de vista técnico e ambiental para garantir a conectividade fluvial e recuperar a funcionalidade recreativa deste espazo
A Xunta e Aspanas estudan colaborar na creación dun viveiro de plantas para a restauración ambiental do Parque Natural do Xurés
Marisol Díaz indica que esta iniciativa busca combinar a conservación do patrimonio natural coa participación activa das persoas vinculadas a esta asociación
A Xunta anima aos concellos a controlar e reducir as perdas nas redes municipais para mellorar a garantía do subministro de auga á poboación
Ángeles Vázquez lembra que, grazas á colaboración de Augas de Galicia, 244 municipios xa fixeron auditorías aos seus sistemas para detectar problemas e fugas
Galicia rexistrou o verán meteorolóxico máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos
Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica
A Xunta pon en valor o traballo da nova Unidade de investigación de conservación da natureza, que coloca a Galicia á vangarda en protección ambiental
Destaca o nivel de especialización desta brigada, integrada actualmente por oito axentes con formación específica en criminalística ambiental, manexo e captura de fauna silvestre e aplicación de novas tecnoloxías de vixilancia, entre outras cuestións
A Xunta denuncia que o Goberno central busca unha recentralización das competencias sobre a xestión do litoral coa reforma do regulamento de Costas
Ángeles Vázquez advirte de que á modificación do regulamento, que prevé cambios moi graves con relación ás concesións, súmase un novo intento do Goberno central de cambiar o marco normativo en materia de litoral para ampliar a liña de deslinde do dominio público o que podería afectar a máis de 2.500 edificacións costeiras en Galicia