Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

09/06/2026 | 18:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa e entrega ao Concello de Betanzos a obra de mellora do abastecemento no municipio

Cun investimento total de 1,8 millóns de euros, os traballos executados optimizan o funcionamento da planta e a produción de auga potable coa calidade e cantidade necesarias para dar servizo a máis de 15.600 persoas

09/06/2026 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga pola anticipación e a planificación adaptativa na xestión dos recursos hídricos nun contexto marcado polo quecemento global

Tras sinalar que os extremos climáticos relacionados coa auga son cada vez máis frecuentes, Ángeles Vázquez incide en que xa non se poden tomar decisións en base só a datos históricos senón que hai que adiantarse para reforzar a resiliencia hídrica

09/06/2026 | 14:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta divulga nunha mostra no Gaiás a importancia dos mapas meteorolóxicos históricos con motivo do Día Internacional dos Arquivos

O proxecto recrea a estrutura dos antigos almanaques, publicacións con prognósticos meteorolóxicos e información de interese xeral para a poboación

09/06/2026 | 12:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede máis de 850.000 euros en achegas para compensar os danos causados polo lobo en 2025

O Executivo galego aprobou 1.272 solicitudes de axudas ao abeiro da orde convocada o ano pasado para paliar os ataques da especie sobre o sector agrogandeiro

09/06/2026 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda sitúa o Parque Nacional das Illas Atlánticas como un activo moi importante para Galicia polos seus valores naturais e biodiversidade

Fai fincapé en que “é un dos emblemas de Galicia Calidade, polo cal nos identifican en moitísimos sitios, e que temos que seguir mimando”

08/06/2026 | 16:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta reforzará a loita contra o desperdicio alimentario e porá á disposición dos produtores unha plataforma web de venda directa co fin de evitar perdas

Salienta que será unha das medidas da nova Estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia que porá en marcha o Goberno galego para ampliar o labor que xa se viña desenvolvendo neste eido desde a Xunta

08/06/2026 | 12:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez insta a preservar os océanos polo seu papel clave para mitigar os efectos do cambio climático

Salienta que o coidado do mar debe ser unha responsabilidade compartida nunha comunidade como Galicia, con 2.555 km de costa e na que forma parte da súa identidade

06/06/2026 | 10:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre os meses de xuño e setembro

As visitas son de balde pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ata as illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou ben de forma presencial nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons

05/06/2026 | 16:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta defende un modelo de xestión do litoral en Galicia que se adapte ao territorio e transforme o coñecemento científico en accións en materia de clima

Paula Uría salienta que fronte á visión do litoral do Estado, que prima a prohibición e a restrición, a Xunta conta cunha lei que aposta por un modelo en clave galega, avalado polo Constitucional e baseado na integración económica, ambiental e social

05/06/2026 | 16:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o talento da mocidade galega para o deseño de proxectos innovadores e sostibles cos que mitigar os efectos do cambio climático

Ángeles Vázquez salienta o papel dos máis novos na innovación climática grazas ás súas ideas, a súa creatividade a súa forma distinta de ver o mundo