Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.635 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

05/02/2026 | 15:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Guarda destinarán máis de 110.000 euros para mellorar o servizo de saneamento

Ángeles Vázquez explica que, entre as actuacións previstas, está a substitución da ponte móbil do decantador secundario

05/02/2026 | 13:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mostra a eficiencia do complexo ambiental de Cerceda aos concellos que se adheriron este ano ao modelo de xestión de residuos de Sogama

Ángeles Vázquez cualifica como histórica a incorporación dos nove concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza ao sistema da empresa pública pois permitirá que os refugallos da súa veciñanza sexan xestionados de xeito sostible, solvente e con todas as garantías, en liña co que establece a normativa vixente

05/02/2026 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou en xaneiro unha precipitación media un 98% superior aos valores habituais neste mes

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada para a serie histórica na Comunidade foi de 290 l/m2

05/02/2026 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial do Campiño, no concello de Pontevedra

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na zona de intervención, pero inclúe condicionantes en aspectos como a protección do patrimonio cultural existente na contorna, a integración paisaxística, a mobilidade e a xestión da auga ou dos ruídos

04/02/2026 | 18:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación de Tecores galegos avalían vías para reforzar a súa colaboración na posta en valor dos beneficios da actividade cinexética

Ángeles Vázquez destaca o labor que realiza a entidade entre os afeccionados así como o esforzo por dar a coñecer á cidadanía os valores ambientais asociados á caza e a súa contribución á conservación do patrimonio natural

04/02/2026 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima os propietarios dos chiringuitos a solicitar as axudas da Xunta para a súa integración paisaxística na contorna

Os donos destes establecementos teñen ata o 3 de marzo para solicitar estes apoios que buscan promover prácticas sostibles nestes establecementos favorecendo a transición cara a unhas instalacións máis eficientes e accesibles

04/02/2026 | 14:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra

O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa

04/02/2026 | 14:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rodeiro adquire unha nova varredora para labores de protección do medio ambiente e do espazo natural grazas a unha axuda da Xunta de 50.000 euros

A nova máquina permitirá mellorar a calidade do aire e diminuír o risco de inundacións e desbordamentos

04/02/2026 | 14:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis dun quilómetro no río Ventoxo, no concello pontevedrés de Forcarei

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

04/02/2026 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz estudan o proxecto para mellorar a rede de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Ermide e Eiravedra

Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convocará este ano varias liñas de axudas para apoiar ás entidades locais na xestión dos servizos relacionados coa xestión da auga