Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

23/03/2026 | 19:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa analizan vías de colaboración en cuestións vencelladas co saneamento da auga e a xestión do litoral

Ángeles Vázquez e Gonzalo Durán avaliaron a situación do proxecto para a mellora do saneamento municipal -que beneficia tanto a Vilanova como a Cambados-, no que se están a definir as posibilidades de financiamento de cara á execución das obras

23/03/2026 | 15:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a investigación como peza clave para garantir a protección e conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A décima edición destas xornadas supón a consolidación dun modelo de divulgación científica continuado e aberto á cidadanía para mostrar que o traballo dos investigadores se traduce en accións concretas e reais de protección

23/03/2026 | 12:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecoembes reforzan a recollida selectiva de envases lixeiros e de papel-cartón en Galicia coa instalación de 1.450 novos contedores

Con estas incorporacións increméntase en case un 3% a rede de recollida selectiva, dotada actualmente de 50.000 contedores no conxunto da Comunidade

21/03/2026 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta oferta esta Semana Santa 550 prazas para coñecer as Illas Atlánticas a través de rutas guiadas

Os visitantes interesados poderán anotarse o mesmo día nos puntos de información de Cíes e Ons e tamén haberá un cupo dispoñible a través da central de reservas

21/03/2026 | 09:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Laracha avalían a inclusión da senda de Xermaña a Caión no camiño do litoral

A conselleira e o rexedor tamén analizaron outras cuestións de interese para o municipio, como a mellora do servizo de saneamento

20/03/2026 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima as actuacións para a recuperación integral dos bosques do Courel cun investimento comprometido de máis de 800.000 €

Ángeles Vázquez explica que no marco do plan deseñado pola Comisión interdisciplinar para a rexeneración deste espazo natural xa se executaron traballos por case 590.000 € e prevese completar os que quedan pendentes no mes de xuño

20/03/2026 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 2 km en varios ríos no concello de Ribeira

As tarefas que executa Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

19/03/2026 | 11:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ponteceso avalían vías de colaboración para facer traballos de conservación nun tramo da senda do río Anllóns

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xa apoiou ao municipio o ano pasado na realización de actuacións semellantes de acondicionamento de parte dun camiño peonil paralelo á canle fluvial cun investimento de máis de 50.000 euros

18/03/2026 | 20:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sostén que o Goberno central asume a falta de información e os defectos de forma denunciados por Galicia na reforma do Regulamento de costas

Ángeles Vázquez asegura que o feito de que o Ministerio veña de ampliar o prazo para presentar observacións e de enviar a memoria de análise de impacto normativo que aínda non fixera pública supón unha resposta ás reclamacións de Galicia e do resto de comunidades litorais