Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza na elaboración do Plan galego contra o desperdicio alimentario que incluirá mecanismos para reducir estes residuos nos fogares e na hostalería
Ángeles Vázquez subliña que esta iniciativa pioneira busca reducir nun 50% o desperdicio na venda final aos consumidores e nun 20% as perdas na produción e subministración
Ana Ortiz destaca a concesión de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en vivendas particulares da área de Vigo
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou unha das actuacións levadas a cabo no municipio de Salvaterra de Miño
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 3,6 quilómetros nos ríos Vilacoba e Vilaboa, nos concellos de Lousame e Noia
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta expón aos membros da Alianza galega polo clima as oportunidades ambientais e económicas que ofrecerá o mercado galego de créditos de carbono
Paula Uría explica que o Executivo galego está avaliando preto de 40 aportacións recibidas de distintos sectores como o forestal, o agrícola-gandeiro ou o marítimo-pesqueiro para deseñar este mecanismo e optimizar o seu funcionamento
A Xunta renova o convenio con Ecoembes ata 2030 coa previsión de destinar aos concellos 57 M€, un 26% máis, pola xestión de envases lixeiros, papel e cartón
Ángeles Vázquez salienta que deste xeito se reforza a alianza entre as partes na xestión destes refugallos cun acordo máis xusto que atende á dispersión xeográfica, á dificultade loxística e á variabilidade da poboación dos municipios
Ángeles Vázquez celebra a aprobación da Lei do clima que consolida Galicia como referente na loita contra o quecemento global
Indica que esta nova norma contribuirá a que a Comunidade sexa neutra en emisións dez anos antes do que propón a Unión Europea
A Xunta anima ás entidades locais a colaborar na elaboración do Plan xeral galego de saneamento para garantir un servizo máis eficiente e sostible
Ángeles Vázquez salienta que a prioridade será, ademais da construción de novas infraestruturas, garantir o seu correcto funcionamento, a súa eficiencia e a súa integración co medio ambiente e co territorio
Galicia aspira a reforzar a súa capacidade de anticipación e adaptación a fenómenos extremos derivados do quecemento global coa Lei do clima
Ángeles Vázquez salienta que coa aprobación do proxecto normativo por parte do Parlamento galego daríase luz verde a unha regulación que contribuirá a que a rexión sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes que España e Europa
A Xunta achegou 66.000 euros para adquirir un punto limpo móbil que mellorará a xestión de residuos en Guntín
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego publicará proximamente a nova convocatoria de axudas a concellos para mellorar puntos limpos fixos ou mercar equipos móbiles
A Xunta e os concellos afectados polos ataques do lobo solicitarán á xustiza o levantamento da suspensión das medidas para o control desta especie
Ángeles Vázquez avanza que o seu departamento trasladará ao TSXG os escritos de denuncia presentados por asociacións veciñais e entidades locais ante o incremento dos avisos e a súa afectación ás explotación gandeiras