Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amplía ata os 4,1 M€ o orzamento para a obra de mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín
Entre as intervencións previstas, que se prevé que estean operativas antes do próximo verán, destacan a renovación dun dos colectores chave para o sistema, a construción dun novo depósito de retención que regulará e rebaixará os caudais de augas pluviais que chegan á EDAR e a mellora da estación de bombeo
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a ampliación dunha planta de fabricación de emulsións asfálticas no parque empresarial de Ordes
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta inviste preto de 80.000 euros para a diminución da contaminación lumínica no concello da Cañiza
Os traballos consistiron na substitución das antigas luminarias por unhas máis modernas e adaptables, así como dos seus soportes, cableado e cadros eléctricos
A Xunta salienta a incorporación ao modelo Sogama da mancomunidade serra do Barbanza
A partir deste xoves, 1 de xaneiro, a empresa pública xestionará os refugallos domésticos recollidos pola mancomunidade, que actualmente presta este servizo a un total de nove concellos cunha poboación de algo máis de 87.000 habitantes
A Xunta inviste preto de 150.000 euros na mellora do centro de recuperación de fauna silvestre de Cerdedo-Cotobade
O delegado territorial visitou o avance das obras de construción dun novo edificio de dúas plantas que permitirá aumentar o espazo de almacenamento
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización e o almacenamento de residuos da construción e demolición no concello de Muxía
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada
A Xunta e o Concello de San Cristovo de Cea destinarán 1 M€ á mellora e posta en marcha da EDAR municipal
Ángeles Vázquez explica que esta actuación permitirá resolver as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura municipal, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente
A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Touro pola protección da paisaxe e do medio ambiente
Enrique de Salvador lembra que a concesión deste recoñecemento dá visibilidade aos concellos como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas ambientais e paisaxísticas
A Xunta dá luz verde ambiental á delimitación de solo de núcleo rural de Valboa, no concello de Pantón, co fin de recuperar esta aldea abandonada
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna sempre que se cumpra cos condicionantes incluídos no documento