Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

05/12/2025 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia viviu un outono climatolóxico cálido e húmido

O avance do informe estacional de MeteoGalicia conclúe que a temperatura media do período se situou 0,3 graos por riba do agardado nesta época, mentres que as chuvias acumuladas superaron nun 10% os valores climáticos de referencia

05/12/2025 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a instalación dunha planta de agrocompostaxe no concello de Tomiño

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

05/12/2025 | 11:44 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta celebra a IV edición do curso de cazadores con formación organizado pola Escola Galega de Saúde Pública

O obxectivo do curso é obter unha credencial dos coñecementos necesarios para realizar in situ o control sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestre abatidas e con destino ao consumo humano

04/12/2025 | 16:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada ao sector produtivo e científico as novas oportunidades que abre o proxecto da Lei do clima para avanzar na descarbonización

Paula Uría convida aos colexios oficiais e clústeres dos principais colectivos profesionais implicados neste eido a participar na manifestación de interese aberta para recompilar ideas de cara á posta en marcha do primeiro mercado voluntario de créditos de carbono

04/12/2025 | 15:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello do Bolo avalían posibles vías de colaboración para mellorar os servizos de abastecemento e de saneamento do municipio

Ángeles Vázquez explica que Augas de Galicia volverá convocar en 2026 algunhas das súas liñas de axudas de máis éxito e que as achegas para instalar sistemas de depuración autónomos se estenderán por primeira vez a toda a Comunidade

04/12/2025 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta proporá novas medidas de control do xabaril e bonificar as taxas aos tecores que superen o cupo de capturas como prevención ante a peste porcina

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladará estas iniciativas a vindeira semana durante a reunión do grupo de traballo para a xestión desta especie

04/12/2025 | 12:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 11 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación do río Morto, na Pobra do Caramiñal

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

03/12/2025 | 18:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que o Plan reitor das Fragas do Eume garante a protección do espazo e avanza que negocia a compra de 60 ha máis para aumentar a superficie pública

Ángeles Vázquez cifra en máis de 1,5 M€ o investimento realizado no parque natural desde 2023 e destaca os bos resultados do programa para mercar terreos privados a propietarios interesados, con preto de 100 fincas adquiridas ata o momento

03/12/2025 | 17:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez lamenta a parálise do sector eólico en Galicia por unha situación xudicial que contrasta cos criterios do Tribunal Supremo e da xustiza europea

A conselleira advirte de que o parón actual das renovables pon en risco o desenvolvemento de Galicia, perdendo investimentos e postos de traballo, e dificulta que a comunidade poida ser unha rexión neutra en emisións á atmosfera