Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inviste preto de 311.000 € nos traballos para a eliminación de máis de 26 hectáreas de acacia negra no Parque Natural do Monte Aloia
O control da Acacia melanoxylon neste espazo protexido comezou en xaneiro de 2025 e rematará en outubro de 2026 co obxectivo de neutralizar o impacto desta especie invasora sobre os hábitats e a diversidade da zona
A Xunta analiza con concellos da Coruña as medidas para reparar os danos causados polos incendios forestais en espazos protexidos
Ángeles Vázquez lembra que concellos e montes veciñais en man común poden solicitar axudas autonómicas para restaurar infraestruturas de uso público afectadas
A Xunta e o Concello de Mos destinarán 125.000 € a dotar de saneamento o camiño da Torroeira
A intervención, que dará servizo a unha ducia de vivendas localizadas nesta zona, enmárcase nun proxecto municipal para a mellora e ampliación integral da rede actual
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de preto de 13 quilómetros no río Ouro, en Alfoz
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 13 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta autoriza con condicións á ampliación dunha explotación leiteira no concello do Páramo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta adxudica por preto de 100.000 euros o contrato para a redacción do proxecto de construción do centro de protección animal de Galicia en Curtis
O complexo, que se levantará nun terreo de 2.300 metros cadrados, terá capacidade para acoller uns 300 cans e 200 gatos abandonados, extraviados ou vagabundos
A Xunta estudará a posibilidade de colaborar coa asociación Íntegro no proxecto de educación ambiental ‘Sementes de futuro’
Cun dobre obxectivo formativo e medioambiental, a iniciativa permitirá recuperar zonas degradadas mediante a reforestación con especies autóctonas e sensibilizar á comunidade escolar sobre a biodiversidade e a importancia dos bosques autóctonos
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no concello pontevedrés de Cangas
Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis), que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático localizado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
A Xunta avanza no reparto de palla e cereais para alimentar a fauna silvestre afectada polos incendios
Xa se fixo esta distribución en puntos dos concellos de Maceda, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Laza
A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo colaborarán para garantir que se poida visitar o edificio anexo ao faro de Cíes
Ángeles Vázquez explica que o porto asumirá o custo e execución dos labores de restauración na zona e o Goberno galego encargarase da xestión das futuras visitas, mediante a implantación dun sistema de acceso con código QR e previa reserva