Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez anima ás entidades galegas a optar aos Premios de Sostibilidade Empresarial da Xunta para poñer en valor a súa excelencia ambiental
Lembra que o prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 13 de xullo e que se poden presentar empresas adheridas ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais (EMAS)
A Xunta destina case 80.000 € aos traballos para actualizar os datos de distribución e abundancia de tres especies de aves en diferentes zonas de Galicia
O obxecto do contrato, dividido en dous lotes e con vixencia ata o 31 de outubro do ano 2027, é acometer o estudo e seguimento do paspallás, o pombo e a rula
A Xunta mantén alertas por episodio de calor, aínda que desde hoxe non hai zonas en nivel vermello
Suspéndese de 12.00 a 17.00 horas a actividade deportiva XOGADE e federada no exterior na Mariña, montaña e centro de Lugo e na zona de Valdeorras, en Ourense, por alerta laranxa por calor
A Xunta instala 7 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do Rego de Pousadas, en Vilaboa
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
Belén do Campo fai un chamamento á responsabilidade cidadá para celebrar unha noite de San Xoán segura e respectuosa con medio ambiente
A representante do Goberno galego subliñou que “celebrar a Noite de San Xoán de xeito sostible é coidar da natureza mentres gozamos da tradición” e lembrou que “se respectamos o espazo natural, poderemos seguir desfrutando desta noite máxica moitos anos máis”
Manuel Pardo anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
O delegado territorial da Xunta en Ourense presentou a campaña `Reciclar é coidar do San Xoán´, que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa de San Xoán
Ángeles Vázquez lembra que a mellor noite de San Xoán é aquela que non deixa pegada na contorna e anima a cidadanía a celebrar unha festa sostible
A campaña consiste nun decálogo de consellos sinxelos e prácticos a considerar tanto á hora de preparar a festa como na mesma celebración e cando remate
Galicia celebra a aprobación do informe que conclúe que o estado de conservación do lobo é favorable tras un ano de atrancos por parte do Goberno central
Ángeles Vázquez salienta que o resultado confirma que o traballo feito polas comunidades neste eido foi correcto e axustado á realidade da especie pero lamenta o tempo perdido e que España se expuxera a unha sanción por dilatar o proceso
Rueda anuncia que a Xunta recorrerá o real decreto sobre as zonas de aceleración de renovables por invadir competencias autonómicas
O Consello da Xunta aprobou hoxe a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional despois de coñecer que o ditame preceptivo do Consello Consultivo de Galicia é favorable á viabilidade xurídica da iniciativa
A Xunta realizará os vindeiros xoves e venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación en 41 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura