Actualidade
Buscador de novas
A Xunta enxalza o programa Leader pola súa contribución á creación de emprego e ao asentamento de poboación no medio rural
A conselleira do Medio Rural visitou os apartamentos turísticos Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei, que contaron co apoio económico desta intervención
Martina Aneiros preside un encontro informativo sobre o novo convenio para a xestión da biomasa en faixas secundarias
O encontro serviu para informar aos concellos do ámbito territorial sobre o funcionamento e novidades deste sistema de prevención contra incendios forestais
Belén do Campo destaca que a Xunta destina máis de 416.000 € á mellora de camiños en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta informou que a orde financia actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación
Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios galegos con certificación ecolóxica na oitava edición de Biocultura
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, no que a Consellería participa da man do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para apoiar a presenza dunha vintena de operadores
Manuel Pardo apela á coordinación das administracións na prevención dos incendios forestais
O delegado territorial salientou que a prevención é unha prioridade para o Goberno autonómico, un compromiso que, explicou, se demostra con feitos, referíndose así ao incremento do 50 % do orzamento para este concepto, que no ano 2026 ascende ata os 75,38 millóns de euros
A consellería do Medio Rural organiza charlas informativas sobre a dermatose nodular contaxiosa para gandeiros nas catro provincias
Estas xornadas terán lugar en Ordes, Lugo, Lalín e Ourense os vindeiros días 9, 10, 11 e 12 de marzo, respectivamente, en horario de mañá
Belén do Campo destaca que 76 concellos da provincia xa se sumaron ao convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias
A delegada da Xunta informou deste convenio aos alcaldes durante unha xuntanza na que tamén participaron a directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo e o xefe de Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Guillermo Aceval
Medio Rural avanza na cobertura de prazas do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e abrirá mesas de diálogo para melloras específicas
A secretaria xeral técnica da Consellería e o director xeral de Defensa do Monte mantiveron hoxe unha reunión coas diferentes organizacións sindicais de cara á planificación da provisión de prazas do SPIF para a campaña de alto risco deste ano