Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.598 novas da C. do Medio Rural:

21/04/2026 | 13:37 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/04/2026 | 13:30 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a súa colaboración coa Deputación de Ourense para constituír 22 brigadas de prevención de incendios en seis mancomunidades

Esta iniciativa enmárcase no protocolo de cooperación que a Consellería mantén coa institución provincial, a través do cal en 2025 traballaron 16 brigadas e se entregou maquinaria para prevención e extinción, unha alianza que se renova agora de novo cun orzamento de case 4 millóns de euros

21/04/2026 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a VIII Cata de Viño da Casa que se celebra este sábado no lugar de Balgos, en Cervantes

A asociación veciñal organiza este evento que, ademais da cata, inclúe un xantar popular e outras propostas lúdicas para poñer en valor a produción local e dinamizar o territorio

20/04/2026 | 18:18 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na recuperación de zonas afectadas polos lumes con accións de mellora de infraestruturas e restauración hidrolóxica en Chandrexa de Queixa

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, explicou que o obxectivo principal dos traballos é restaurar a cuberta arbórea co fin de favorecer a biodiversidade e protexer o solo fronte á erosión

20/04/2026 | 15:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía o prazo para a solicitude única das axudas da PAC ata o 15 de maio

Isto realízase conforme a normativa vixente, que establece a posibilidade de que as comunidades autónomas poidan ampliar o prazo de presentación co fin de facilitar o labor das entidades tramitadoras

20/04/2026 | 13:35 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo pon en valor a nova convocatoria da Xunta para a reestruturación e reconversión de viñedos dotada con 4 M€

O delegado territorial destacou que na orde de achegas do pasado ano, a Consellería do Medio Rural, destinou máis de 1,3 millóns de euros a 81 persoas viticultoras e adegas na provincia de Ourense

19/04/2026 | 15:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta destaca Riotorto como epicentro da artesanía do ferro

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á 17ª edición da Feira do Ferro de Riotorto, un evento monográfico de posta en valor dos oficios vinculados ao ferro

18/04/2026 | 12:14 | C. do Medio Rural

Medio rural destaca o papel do sector apícola galego de calidade como principal produtor de España

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á celebración da XXXVIII Feira Apícola das Rías Baixas-Bee Happy Market, que se celebra no concello do Porriño

18/04/2026 | 10:26 | C. do Medio Rural

Medio rural imparte 12 cursos para máis de 960 profesionais contra incendios neste 2º trimestre

As accións formativas realizaranse en 16 edicións, cunha duración total de 450 horas, tanto de maneira presencial, maioritariamente no CILL de Toén, como telemática

17/04/2026 | 19:16 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta que o valor económico da produción agroalimentaria ecolóxica se triplicou na última década

A conselleira María José Gómez participou hoxe na presentación da Memoria de 2025 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, cuxa produción acadou un valor máis de 118 millóns de euros