Actualidade
Buscador de novas
Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela
O lume afectou finalmente unha superficie de 15,16 hectáreas, todas elas de monte raso
A Xunta reitera en Bruxelas a súa demanda dunha vacina marcada para a dermatose e que se flexibilicen as esixencias aos gandeiros que se poidan ver afectados
María José Gómez advertiu que o mantemento do rigor nas medidas sanitarias é compatible coa flexibilización das obrigas que teñen que respectar os gandeiros á hora de xestionar unha enfermidade que, dixo, “preocupa” no sector primario galego
Controlado o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela
O lume iniciouse ás 21.39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas
Medio Rural e as organizacións agrarias Asaga e UUAA acordan esixir melloras na Lei estatal da cadea alimentaria para protexer os produtores
Os directores de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria reuníronse hoxe con representantes destas entidades, con quen acordaron a elaboración dun documento para remitir ao Goberno central
Estabilizado un incendio no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela
O lume iniciouse ás 21.39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas
Medio Rural inviste máis de 190.000 € na construción de peches gandeiros en montes do concello de Rianxo
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe as obras que se están executando nas comunidades de montes de Buía e outros e de Campelo, Vilar e Cerqueiras
Manuel Pardo destaca a aposta da Xunta a prol da remuda xeracional no agro e impulsar a súa modernización
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova orde destas axudas cun orzamento global de 53 millóns de euros, dos cales 23 millóns irán destinados a apoiar a incorporación de mozos, mentres que os 30 millóns restantes serán para os plans de mellora asociados a estas incorporacións