Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.607 novas da C. do Medio Rural:

10/02/2026 | 14:12 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza a importancia da produción hortícola de proximidade

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a empresa Terras de Bustelo, onde salientou o apoio do Goberno autonómico a este sector, materializado a través do Plan Estratéxico da Horta

10/02/2026 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as axudas de 2026 para as agrupacións forestais de xestión conxunta dotadas con 2,1 M€, un 50 % máis que no ano anterior

As achegas buscan facilitar a creación de novas agrupacións, apoiar a consolidación das xa existentes, incrementar a superficie forestal xestionada de forma conxunta e mellorar a capacidade organizativa, técnica e comercial destas entidades

09/02/2026 | 19:17 | C. do Medio Rural

Medio Rural e as organizacións profesionais agrarias alcanzan un acordo de consenso sobre a nova PAC con peticións para o Ministerio de Agricultura e a UE

Este documento conxunto aprobarase no próximo pleno do Consello Agrario de Galicia, que se celebrará o vindeiro día 20, e nel contémplanse as principais reivindicacións que viña facendo a Xunta de Galicia: máis recursos e garantía de fondos diferenciados

09/02/2026 | 17:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 12.000 euros á melloras das instalacións da comunidade de Regantes de Blanco, en Meaño

Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material

09/02/2026 | 17:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Concello de Mos impulsarán a promoción do viño rosado galego na Festa da Rosa

A conselleira María José Gómez reuniuse este mediodía en San Caetano coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para reforzar esta colaboración a prol da difusión e exaltación do produto

09/02/2026 | 12:50 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo lembra as axudas da Consellería do Medio Rural para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

O delegado territorial recordou que o prazo de solicitude das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas da Consellería do Medio Rural está aberto ata o 19 de febreiro

08/02/2026 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia dos plans de mellora para favorecer a rendibilidade das explotacións

A conselleira do Medio Rural visitou a explotación avícola O Marco, situada no concello lucense de Monterroso, beneficiaria destas achegas en varias ocasións