A Xunta e a Asociación de Criadores de Abella Negra de Galicia colaboran polo desenvolvemento desta raza
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Asociación de Criadores de Abella Negra de Galicia AMIGA para colaborar a prol do desenvolvemento desta raza apícola, contribuíndo á súa recuperación e consolidación.
Neste sentido, cómpre salientar que a Consellería do Medio Rural conta con axudas para apoiar á apicultura, cuxa convocatoria de 2026 ten o prazo de solicitude aberto ata o 2 de marzo. Cun orzamento de máis de 1,4 millóns de euros para financiar servizos de carácter técnico; investimentos en activos materiais e inmateriais, entre os que se inclúe a loita contra invasores como a vespa velutina ou enfermidades como a varroose; actuacións de análise que permitan incrementar o número de abellas ou a súa produción; a promoción, comunicación e comercialización dos produtos e as actividades que permitan incrementar a súa calidade.