Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.020 novas da C. de Política Social e Igualdade:

06/06/2026 | 11:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo de inscrición para o programa Benestar en Balnearios

Os interesados en participar nesta iniciativa, á que están adheridos 15 establecementos, poden solicitar a súa praza ata o 26 de xuño

05/06/2026 | 15:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realizará melloras no centro de día de Mondariz para favorecer o benestar dos seus usuarios

As obras, que inclúen reformas en varias estancias do edificio, desenvolveranse ao longo deste verán e teñen un custo de preto de 25.000 euros

05/06/2026 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza os 25 anos de traxectoria da Universidade Sénior da Coruña como referente do envellecemento activo

Antón Acevedo lembrou que un dos piares do modelo galego de coidados é promover a participación social e vida activa dos maiores

05/06/2026 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que Galicia é pioneira en ofrecer formación especializada en violencia de xénero dixital ao persoal que atende as vítimas

Un total de 200 profesionais de Galicia participaron nas xornadas celebradas nas catro provincias, que se enmarcan na futura Lei de Acoso e Violencia Dixital que está ultimando a Xunta

04/06/2026 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que a residencia de Valga acollerá unha unidade pioneira para a formación e investigación na recuperación de ictus

Disporá de 150 prazas e incluirá módulos de convivencia de xeriatría, área de servizos sanitarios e amplas zonas axardinadas

04/06/2026 | 12:55 | C. de Política Social e Igualdade

O Centro da Información á Muller móbil da Xunta percorrerá 13 concellos lucenses durante o mes de xuño

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe en Xermade un dos CIM itinerantes que ofrecen información e asesoramento gratuíto en materia de igualdade e violencia de xénero

03/06/2026 | 18:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 150.000 euros a nova sede do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín

Fabiola García destaca a importancia de achegar este tipo de recursos ao rural para que as distancias e a mobilidade non sexan obstáculo para acceder a eles