Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.851 novas da C. de Política Social e Igualdade:

31/01/2026 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello

Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable

31/01/2026 | 10:35 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda subliña o compromiso da Xunta por mellorar a calidade de vida dos pacientes con enfermidades raras

O presidente da Xunta mantivo un encontro con representantes da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), co foco posto na celebración o próximo 28 de febreiro do día mundial co que se visibilizan estas doenzas

30/01/2026 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que a paralización do Plan de choque da Xunta responde a un afán recadatorio do Goberno central

Advirte que o Executivo central pretende copiar as homologacións automáticas de discapacidade polas que presentou o recurso ante o Constitucional e coas que deixou de recadar 114M€ no 2025 en Galicia

30/01/2026 | 14:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende a colaboración interinstitucional como un dos eixos principais da loita contra a violencia de xénero

Roberto Barba explicou que o Goberno galego traballa os 365 días do ano impulsando novas medidas e recursos que fomenten a acción coordinada contra as violencias machistas

30/01/2026 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a súa aposta pola empregabilidade feminina en ocupacións masculinizadas como as tecnolóxicas

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou na xornada ‘Tecnolóxicas’, organizada por Asime

28/01/2026 | 14:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a contratación de vítimas de violencia de xénero en entidades locais para contribuír a súa emancipación e independencia

Roberto Barba lembrou que segue aberto o prazo para solicitar estas achegas que contan cun orzamento de 2,5 M€

28/01/2026 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca que a Xunta reserva máis de 1,6 M€ para a continuidade ás 18 casas niño da provincia da Coruña ata o 2028

A delegada da Xunta destacou que o obxectivo destas achegas é manter este recurso e seguir atendendo ás necesidades de conciliación da vida persoal  e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia nos que están establecidas

27/01/2026 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre hoxe a convocatoria de achegas para programas de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade

Esta liña está destinada ás entidades sociais e conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros para iniciativas de apoio, acompañamento ou inserción social